
Deste xeito narra a realizadora audiovisual e antropóloga Claudia Silva a súa experiencia a partir de viaxes que realizou a Tamil Nadu desde 2012 ata a actualidade e que agora atopa forma na exposición fotográfica 'KOLAM. Unha arte efémera de mulleres no sur da India' que este mércores inauguraron no Claustro Alto do Colexio de Fonseca a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, a propia autora e a profesora da Facultade de Matemáticas da USC Ana Peón, quen viu o potencial desta manifestación cultural, antropolóxica, artística e científica, que se da nun contexto de cotidianeidade e cunha compoñente de xénero, e tivo a idea de traela a Santiago.
A mostra, que se poderá visitar ata o 28 de novembro en horario de luns a venres de 11 a 14 e de 17 a 20.30 horas, forma parte da investigación audiovisual de Claudia Silva en prácticas de tradición oral en diferentes culturas e a súa relación coa arte e a ciencia. "Camiñar polas rúas é unha actividade habitual. A sorpresa ao ver fermosos deseños no chan é unha experiencia asombrosa, máis aínda ao descubrir que están feitos con fariña de arroz. A elaboración destes deseños chamados kolam fai parte das tradicións e prácticas culturais femininas en Tamil Nadu, ao sur da India", indica a artista. Ao pintarse no chan, os kolams considéranse unha expresión de arte da rúa, e a particularidade xeométrica dos seus deseños é estudada pola etnomatemática: a área de investigación interdisciplinar que conecta antropoloxía e matemáticas, explica.
Actividades complementarias
Como actividades complementarias á exposición, a propia Claudia Silva e o profesor investigador do Consejo Superior de Investigaciones Científicas no Instituto de Ciencias Matemáticas, Óscar García-Prada, ofrecerán na tarde deste mércores, ás 18.30 horas, a conferencia 'Antropoloxía e matemáticas do kolam' no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
Ademais, haberá un obradoiro de realización de kolams aberto ao público o venres 8 de novembro, de 17 a 18.30 horas, no comedor do Colexio de Fonseca. Esta actividade está concibida para a cativada.
A autora
Claudia Silva traballou en proxectos de educación propia, intercambio cultural e divulgación con comunidades indíxenas de Colombia. Interesada en diversos métodos de educación, formouse na metodoloxía de comunicación consciente e respetuosa 'Cómo hablar para que los niños escuchen de Faber e Mazlish, do cal é facilitadora certificada, e en Educación Viva co Centre de Assessorament i Investigació d'Educació Viva de Barcelona (CAIEV). É titulada tamén en arte dramática polo Estudi de Teatre Helena Munné de Barcelona. Nacida en Bogotá-Colombia, en 2001 estableceuse en España. Tras vivir 14 anos en Barcelona na actualidade reside en Madrid.
O seu traballo fotográfico sobre o kolam foi exhibido no Instituto de Ciencias Matemáticas de Madrid (ICMAT), a Universidade do Porto, o Wolfson College da Universidade de Oxford, o Simons Center for Geometry and Physics da Universidade de Stony Brook de Nova York, a École Normale Supérieure de París (ENS), a Universidade Autónoma de Madrid (UAM), o International Centre for Theoretical Sciences de Bangalore da India (ICTS) e o Institute des Hautes Études Scientifiques de París (IHES).
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.