A ConsellerÃa de Educación e Ordenación Universitaria presentou, na reunión da Mesa Sectorial, a súa proposta de anteproxecto da orde pola que se regula o calendario escolar para o vindeiro curso 2005/06, que lle afecta a todos os centros educativos galegos sostidos con fondos públicos.
O director xeral de Centros e Ordenación Educativa informou de que, segundo esta proposta, o curso comezará o dÃa 12 de setembro para os escolares de Educación Infantil, Primaria e Educación Especial e unha semana máis tarde, o dÃa 19, para os de Secundaria. En ambos casos o curso rematará o dÃa 26 de xuño de 2006.
No caso da Formación Profesional, as actividades lectivas comezarán o dÃa 30 de setembro e rematarán de acordo cos requirimentos horarios establecidos para cada ciclo formativo. Nas ensinanzas de Réxime Especial a data de comezo é a mesma que para a FP e o final será a partir do dÃa 2 de xuño de 2006.
Deste xeito, o número total de dÃas lectivos mantense con respecto ao presente curso 2004/05, establecido de acordo coa normativa vixente en 180 dÃas para Educación Infantil, Primaria e Educación Especial e 175 para Secundaria. Nembargante, os delegados provinciais poderán autorizar a modificación das datas de comezo e remate das actividades lectivas cando as circunstancias concretas de organización asà o requiran.
FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS
Ademais, na reunión da Mesa Sectorial tamén se abordaron outros temas de interese educativo, como o decreto polo que se establece a formación complementaria en linguas estranxeiras nos institutos de Educación Secundaria e nos Centros Públicos Integrados.
Esta formación vai dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESO, Bacharelato e ao alumnado de formación Profesional EspecÃfica de centros sostidos con fondos públicos.
Estas ensinanzas prepararán ao alumno para realizar unha proba final na Escola Oficial de Idiomas, aÃnda que a súa finalidade primordial é favorecer o aumento das competencias lingüÃsticas dos mozos e mozas galegas.
ESTADÃAS FORMATIVAS
Tamén se tratou a orde pola que se regula a formación do alumnado galego en empresas de traballo situadas fóra de España. É unha normativa pioneira en España que regula o desenvolvemento da formación en empresas ou institucións estranxeiras, dirixida a alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional, Programas de GarantÃa Social, Artes Plásticas e Deseño, Estudos Superiores de Restauración e Bens Culturais e para galegos que desexen facer esta formación fóra. Tamén regula a recepción de alumnado doutros paÃses.
Se ben desde hai anos a ConsellerÃa de Educación vén incentivando con axudas económicas, no marco de diversos programas educativos europeos, a mobilidade do alumnado galego para a realización parcial ou total da formación en centros de traballo, que é un módulo obrigatorio en Formación Profesional, con esta orde impúlsase e favorécese a mobilidade do alumando para permitir a mellora das competencias sociais e lingüÃsticas, o respecto á diversidade e acadar un ámbito de emprego que transcenda as fronteiras nacionais, adquirindo coñecementos, competencias e cualificacións adaptadas a un contorno socio laboral máis amplo.
Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam RodrÃguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crÃtica e público.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Asà o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.