Notas de prensa

O luns, presentación do libro 'BAÑOS FILMS, 70 anos de cine en Galicia'

Dentro da Semana de Cine de Lugo, este luns na Deputación Provcincial, vaise presentar o libro 'BAÑOS FILMS, 70 ANOS DE CINE EN GALICIA', de Manuel Curiel Fernández. O libro percorre a historia das tres xeneracións da familia Baños, dedicados á distribución de cine en Galicia os últimos setenta anos, e vencellados á Semana de Cine de Lugo desde o seu nacemento en 1979. Na presentación intervirá Manuel Curiel, membros da familia Baños, e representantas das institucións que apoian a Semana de Cine.

Dentro da Semana de Cine de Lugo, o luns, ás 20,00 h., na Deputación Provcincial, vaise presentar o libro BAÑOS FILMS, 70 ANOS DE CINE EN GALICIA, do que é autor Manuel Curiel Fernández.

O libro percorre a historia das tres xeneracións da familia Baños – Emilio Baños, pai; Emilio, fillo; e os netos Emilio e Pablo – dedicados á distribución de cine en Galicia os últimos setenta anos, e vencellados á Semana de Cine de Lugo desde o seu nacemento en 1979.

Na presentación intervirá Manuel Curiel, membros da familia Baños, e representantas das institucións que apoian a Semana de Cine. O acto será de entrada libre, e os asistentes recibirán cadanseu exemplar do libro.


Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, 2024-09-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (compostela-tradfest-2026.jpg) O Compostela TradFest desenvolverase en tres dos espazos máis emblemáticos do casco histórico compostelán: a Praza da Quintana, a Praza de Mazarelos e a Igrexa da Universidade, integrando o patrimonio monumental da cidade nunha experiencia cultural aberta e gratuíta para todos os públicos. Entre os nomes máis destacados figuran Budiño, un dos grandes referentes da música galega actual; Felisa Segade, unha das voces máis recoñecidas da nova escena tradicional; a artista Ana Alcaide, acompañada polo estadounidense Bill Cooley; o portugués O Gajo ou o arxentino Martín Bruhn.
Foto de la tercera plana (festival.jpg) O porto da Coruña converterase este outono nun dos grandes espazos da música en directo en Galicia coa celebración da segunda edición de Son & Mar A Coruña. Entre o 18 de setembro e o 11 de outubro traerá á cidade máis de 30 artistas en 12 eventos repartidos ao longo de catro fins de semana, reforzando unha proposta que combina música, cultura e territorio. A principal novidade desta edición é precisamente o seu crecemento. Tras a boa acollida da estrea en 2025, Son & Mar A Coruña pasa de seis a 12 eventos, ampliando tamén a súa duración de dous a catro fins de semana consecutivos.

Notas

A USC celebra este ano o centenario da Biblioteca América, unha das coleccións bibliográficas e documentais máis singulares de Europa sobre o continente americano, coa exposición ‘A Biblioteca América: un soño inaugurado en 1926’ que abriu as súas portas no Colexio de Fonseca. A Biblioteca América da Universidade de Santiago de Compostela é un dos fondos americanistas máis singulares conservados en España.
A UDC acolleu o curso 'Descarbonización Industrial e Tecnoloxías de Captura, Transporte, Almacenamento e Uso do CO₂: Unha Visión Atlántica', no que se abordaron a redución de emisións en sectores industriais de difícil descarbonización, as cadeas de valor asociadas ao CO₂, as infraestruturas de transporte e almacenamento xeolóxico, así como as diferentes alternativas para a valorización deste gas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES