Notas de prensa

O CICA da Universidade da Coruña lidera o proxecto europeo DRYAD

O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña coordinará durante os vindeiros catro anos o proxecto europeo DRYAD, consistente na demostración e modelización de solucións baseadas na natureza (SBN) para mellorar a resiliencia dos ecosistemas e paisaxes agrosilvopastorís mediterráneos, co obxectivo promover as prácticas sostibles e resilientes ao clima e facilitar plans rexionais de adaptación.

O investigador principal e coordinador desde proxecto de catro anos de duración é Francisco Javier Samper Calvete, catedrático de universidade, docente da Área de Enxeñaría do terreo e investigador no CICA, concretamente no grupo AQUATERRA.

Durante estes días, reúnense na Coruña preto de 50 participantes do proxecto, procedentes de cinco países mediterráneos, na KICK-OFF Meeting que arrincou onte na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da UDC.

O proxecto, financiado polo programa Horizonte Europa, combina innovacións científicas, tecnolóxicas, sociais e empresariais de primeira liña, así como solucións transformadoras. Centrarase no desenvolvemento, as probas e a demostración de solucións baseadas na natureza (SBN) en cinco rexións de demostración, entre elas Andalucía e Estremadura (España), o Alentejo (Portugal), Sardeña (Italia) e Etolia-Acarnania (Grecia). As SBN máis prometedoras transferiranse a estas 3 rexións replicadoras: Castela e León (España), Occitania (Francia) e a Toscana (Italia). Ademais, DRYAD apoiará unha gobernanza de xestión integrada mediante o desenvolvemento de sistemas de apoio á toma de decisións.

O estudo mobilizará ás autoridades rexionais e locais e ás partes interesadas que se apropian do desafío climático, entidades de investigación, fundacións públicas e privadas, empresas e cidadáns e involucrarados nos procesos de cocreación, coimplementación e covalidación por medio de Living Labs (bancos de probas). Isto conducirá á creación de solucións reais amplamente aplicables con impactos duradeiros. Así mesmo, promocionará ferramentas e guías de implementación para promover prácticas sostibles e resilientes ao clima e facilitar plans rexionais de adaptación, contribuíndo á Lei de Restauración da Natureza en termos de natureza resiliente a adaptacións climáticas.

Un consorcio multidisciplinar

No consorcio participan 27 organizacións asociadas: nove entidades de investigación (UDC, UT, UCO, UNISS, CNR, UEX, AUA, IST-IDE, ISA) de cinco países, tres entidades de apoio técnico e científico (Fondazione CMCC, IFAPA, LNEG), oito fundacións e asociacións (FEUGA, UNAC, CONFAGRICOLTURA, FEDEHESA, Alberitalia, AGROOF, FPNCYL, COVAP), catro autoridades rexionais e locais (CAPADR, AG-Forestas, DX, CCDRA) e tres pequenas e medianas empresas (FSC Italia, Lezirias, ICATALIST).

Os esforzos do consorcio contribuirán a mellorar as ferramentas e os enfoques políticos europeos existentes, sobre todo para apoiar a Estratexia “Da Granxa á Mesa” e o Pacto Verde Europeo, a Estratexia da UE sobre a Biodiversidade para 2030, a nova Estratexia de Adaptación ao Clima da UE, a Estratexia Dixital Europea, a Política Agrícola Común e os plans estratéxicos nacionais relacionados, o requisito da Directiva Marco da Auga e a próxima Lei de Restauración da Natureza.

Universidade da Coruña (UDC), 2024-09-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES