Notas de prensa

Terminator, A Nightmare on Elm Street e Pequefreak na primeira fin de semana do GFFF

O Galician Freaky Film Festival presentou esta mañá o programa completo da súa oitava edición, que está dispoñible na web do evento. O certame internacional de cine freak e fantástico conságrase como o maior festival de cine de Vigo e un dos poucos eventos adicados ao sétimo arte que existen hoxe en día na cidade. A presentación tivo lugar na que será a sede do frikismo entre o 20 e o 28 de setembro, a Plaza Elíptica.

Nela estiveron presentes representantes do Centro Comercial, os Cines Tamberlick e a Sala Apo’strphe, os dous espazos nos que se celebra o GFFF. Juan de Castro, director do festival animou “a todo o mundo a achegarse ao GFFF, sexan ou non consumidores habituais de cine de xénero, pois a calidade das proxeccións e o ambiente do Galician Freaky Film Festival son capaces de encadilar a calquera”. O responsable mencionou tamén o aumento de público nas últimas edicións, o que fai que o certame creza cada ano tamén en número de actividades.

Inauguración: dobre sesión con The Terminator e A Nightmare on Elm Street

O festival arrinca este venres, 20 de setembro, nos Cines Tamberlick, cunha festa de inauguración na que se proxectarán os dous filmes homenaxeados nesta edición: The Terminator e A Nightmare on Elm Street, dúas iconas do cine dos anos 80 que celebran o seu 40º aniversario.

A inauguración será unha dobre sesión, un formato moi habitual nos cines nos anos 80 e 90 e en desuso actualmente, no que se ofrecían dous filmes seguidos por un prezo reducido. Nesta ocasión, a entrada a ambos filmes ten un prezo de 10,00 € e pode adquirirse na web do GFFF.

Ás 19:00 prenderanse o proxector para desfrutar de The Terminator primeira entrega da icónica saga dirixida por James Cameron e protagonizada por Arnold Schwarzenegger. Está permitido, e mesmo recomendado, berrarlle a pantalla” Corre, Sarah Connor”.

Seguidamente, e tras un breve parón para tomar un refrixerio e unhas cervexas na Sala Apostrophe, volveremos aos Cines Tamberlick ás 22:30h, para morrer de medo con outro fito da cultura popular mundial e, máis concretamente, do terror, A Nightmare on Elm Street, filme dirixido por un dos pais do cinema de terror moderno, Wes Craven.

Tras as proxección faremos un coloquio co especialista de FX Ricardo Spencer que nos explicará como se fixeron algúns dos efectos especiais máis recordados destes dous filmes.

O Pequefreak

Na xornada do sábado 21 os protagonistas son os pequenos da casa coa irrupción do Pequefreak, o festival para cautivar ao público miúdo coas mellores curtametraxes internacionais especialmente seleccionadas para a infancia.

A xornada comeza cun obradoiro impartido por Ricardo Spencer de efectos especiais, nos que os nenos a partir de 7 anos aprenderán as bases do chroma e a manufacturar feridas moi realistas con ingredientes caseiros. A partir das 12:30 proxectaranse tres bloques de curtametraxes da Selección Oficial que os nenos valorarán a través dos aplausos, recollidos polo célebre aplausómetro do festival. A curta máis aplaudida alzarase co premio “Olimpo dos Pequefreaks 2024”.

Ás 19:00 pequenos e adultos poderán celebrar o 40º aniversario dun dos mellores filmes infantís do cinema europeo: La Historia Interminable, na súa versión en castelán. Unha viaxe a mundos imaxinarios e afastados dirixida por Wolfgang Petersen.

A Selección Oficial

O espiñazo do festival é a súa Selección Oficial formada por 60 curtametraxes internacionais chegadas de 29 países diferentes. Unha escolma que inclúe unha estrea mundial, cinco estreas europeas, 15 filmes inéditos en España e outros 25 que nunca foron proxectados en Galicia. O traballo de todo un ano visualizando e colleitando o mellor cine fantástico, terror e bizarro por todo o mundo, exhibido en Vigo para desfrute dos freaks máis exquisitos.

As curtametraxes están divididas en bloques temáticos, como Ciencia Ficción, Humor Freak, Serie B-estial, Co cu torcido, Arrepío, ou as inclasificables Que carallo e isto?. Todas elas serán sometidas ao veredicto do xurado e do público e optarán a alzarse con algún dos oito premios que reparte o certame.

Galician Freaky Film Festival, 2024-09-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES