
O Xurado da XIII edición dos Premios Rebulir da Cultura Galega 2024, reunido en sesión ordinaria decidiu outorgar estes galardóns a:
1. CATEGORIA MÚSICA GALEGA: Ao grupo TREIXADURA despois de mais de 30 anos de traxectoria, por difundir, respetar e poñer en valor a música de raiz.
2.CATEGORÍA ARTES ESCÉNICAS: A actriz ISABEL RISCO pola súa dilatada traxectoria no mundo da interpretación con diferentes públicos e rexistros.
3. CATEGORIA HOMENAXE: ao colectivo da ASOCIACIÓN DE GAITEIROS/AS GALEGAS/OS (AGG) por conservar, defender e velar pola tradición galega como símbolo de identidade colectiva.
4. MENCIÓN HONORÍFICA colectiva: Á EMIGRACIÓN GALEGA en CATALUÑA polo mantemento e promoción da cultura galega no exterior.
A comisión que avaliou as diferentes candidaturas reuniuse o o 12 de setembro de 2024 ás 20:00 h. de maneira virtual, e estaba constituida por:
PRESIDENTA DO XURADO: Dna. Sandra González Sousa (Presidenta da AC. Rebulir)
SECRETARIO DO XURADO: D. Alexandre Sotelino Losada (Profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Director artístico/académico do FIR)
VOGAIS:
- Dna. Beatriz Fernández Fernández ( representante da Xunta de Galicia)
- D. Marcos Vázquez Guzmán (Director do Área de Cultura da Deputación de Ourense)
- Dna. Isabel Gil Álvarez (Alcaldesa do Concello de Ramirás)
- D. Manuel Edreira Buela (Músico)
- Dna. Sara Fraga García (Xestora Cultural)
- Dna. Eva Tato González (Actriz, dinamizadora cultural e profesora de Teatro)
- Dna. Galicia Gutierrez (Profesora e Actriz)
- D. Alejandro Lago Barciela (Artesán, músico e profesor de gaita)
- Dna. Iris Justo Rodríguez (Comunicadora Audiovisual)
- Dna. Susana Durán González (Directora Admin. do FIR)
Asemade, faise constar que a Presidencia de Honra de dito premio está exercida polo Sr. Presidente do Parlamento de Galicia, D. Miguel A. Santalices Vieira. Nesta xuntanza, acordouse tamén establecer o acto de entrega de ditos galardóns o Sábado 21 de Decembro de 2024, as 19:00 h. no marco da Gala Central do FIR_2024, a cal se celebrará previsiblemente no Complexo Rogelio Garcia Yañez de O Picouto (Concello de Ramirás).
Cabe sinalar que o Premio Rebulir de Cultura Galega, nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este galardón é a proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz. Entre os/as premiadas están nomes de recoñecido prestixo como Luis Zahera, Xurxo Fernandes, Fuxan os Ventos, Méndez Ferrín, Celso Fernández Sanmartín, Xabier Diaz, Guadi Galego, Rosa Cedrón, Uxia, Leilía, Rubén Riós, Antonio Durán "Morris", María do Ceo, Carlos Blanco, Marcos Pereiro e Xose Antonio Touriñán, Xosé Ramón Gayoso, Xose Manuel Piñeiro, Mercedes Peón, Fina Calleja, Anxo Angueira... entre outros/as.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.