
Escritor de multitude de libros e artigos entre os que aborda, entre moitos outros temas, a relación entre Cristianismo e Galeguismo ou entre Cristianismo e Ecoloxía. Destacamos as seguintes obras sobre o tema: Prisciliano na cultura galega.Un símbolo necesario Ed.Galaxia (2010). Prisciliano e o Priscilianismo. Da condena á rehabilitación Ed.Biblos (2012) ou Prisciliano, cun cristâo livre na cultura galaico-portuguesa Ed.Novembro (2017).
Na conferencia tratará da relevancia histórica e o pensamento renovador que supuxo a figura de Prisciliano, bispo hispanorromano do século IV, fundador dunha escola ascética, de talante libertario, precursor do movemento monacal e oposto á xerarquía eclesiástica dominante.
As súas ideas, tras a súa condena a morte, mantivéronse en vigor dous séculos máis grazas aos seus seguidores
Iremos publicando información das distintas conferencias que van ter lugar. Sen dúbida vai ser unha oportunidade única de acercarse á figura de Prisciliano da man dos mellores coñecedores do tema.
Será o vindeiro mércores 18-9-2024 na sede provisional do Ateneo, rúa do Progreso 30, Centro Cultural Marcos Valcárcel
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.