
AWKE apoiará plans de transformación dixital en educación primaria e secundaria; esto inclúe o desenvolvemento da pedagoxía dixital e a experiencia no uso de ferramentas dixitais para os docentes, incluídas tecnoloxías accesibles e de apoio, e a creación e o uso innovador de contidos educativos dixitais. Así mesmo, inclúe o desenvolvemento das habilidades e competencias dixitais de toda a poboación a través de programas e iniciativas axeitados.
Esta iniciativa pretende contribuír á mellora das competencias básicas, especialmente a competencia en comunicación lingüística, plurilingüe e intercultural. Está formado, xunto coa UDC, por outras 10 institucións (colexios, asociacións e universidades) de 6 países diferentes: 2nd Gymnasium of Nafpaktos, en Grecia; Agrupamento de Escolas de Monserrate, en Portugal; Asociación de Empresarios Polígono Sabón Arteixo, España; Eurasia Innovative Society Association, en Turquía; Fthia in Action, Grecia; IES Urbano Lugrís, da Coruña, España; Instituto Borsellino Ajello, Italia; Liceo delle Scienze Humane Albertina Sanvitale, Italia; PICE. Profesores para la Innovación y la Calidad Educativa, A Coruña, España; e a University of Cyprus, Software Engineering and Internet Technologies Lab, de Chipre.
O obxectivo deste proxecto é ofrecer un Kit de Benvida a Europa para inmigrantes, que inclúa:
- materiais de aprendizaxe de linguas para os niveis A1, A2 e B1, segundo o MCRL e nas 6 lenguas de instrución dos socios: español, inglés, portugués, italiano, grego e turco
- un compendio de materiais de aprendizaxe de linguas para aprendices con necesidades educativas especiais
- un curso de desenvolvemento profesional para profesores en activo por medio de entornos virtuais
- un manual para aprendices, familias e profesorado con dificultades para usar ferramentas dixitais
- un curso para docentes e discentes para elaborar un plan de negocios
- unha serie de conferencias deseñadas en entornos reais e virtuais para conocer as institucións europeas
Segundo a profesora Pilar Couto, "todos os socios do consorcio están traballando duramente para elaborar los materiais didácticos e cumprir cos obxectivos plantexados. Hasta o momento xa mantiveron dúas xuntanzas transnacionais en Viana do Castelo (Portugal) e en Parma (Italia) de acordo col calendario establecido. Tamén está prevista unha terceira reunión en Grecia e a última en España, na nosa Universidade, para celebrar o evento multiplicador e o peche do proxecto"
Así, a estratexia, actividades e resultados deste proxecto contribuirán a solucionar o problema dos inmigrantes e estudantes con dificultades de aprendizaxe; e tamén ao profesorado con alumnado inmigrante nas súas clases, e en xeral a calquera alumno interesado en aprender idiomas.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.