
Esta é a relación completa dos galardoados:
POESÍA
LUIS LEXANDEL P. G. - 1º PREMIO - CUBA - Cuando sobre un bloque de luz cabalga tu voz
MANUEL L. R. - 2º PREMIO - NOIA - Poema once chanzos
ELENA BEATRIZ C.M. - 1º ACCÉSIT - SARRIA - El otoño se parece a Cohen
JOSE MANUEL B. F. - 2º ACCÉSIT - VIGO - As Xanelas Fugaces
MANUEL JESÚS S. S. - 1º MENCIÓN DE HONRA - TOLEDO - Encerrar la oscuridad
YOLANDA L. - 2º MENCIÓN DE HONRA - A CORUÑA - Plan de acción curricular
NARRATIVA
CRISTÓBAL S. P. - 1º PREMIO - PONTEVEDRA - Misterioso asesinato nos cines vellos do Norte
IVÁN Z. P. - 2º PREMIO - ALICANTE - Lágrimas que no caerán
RAQUEL A.M. - 1º ACCÉSIT - OURENSE - A teoría da choiva
RAÚL R M. - 2º ACCÉSIT - GIRONA - La lista de la vampira o una cuestión de diez minutos
RAÚL C. B. - 1º MENCIÓN DE HONRA - MADRID - El Comienzo
FEDERICO G. F. - 2º MENCIÓN DE HONRA - GRANADA - Estrellas de la madrugada
CAMIÑO DE SANTIAGO
JESÚS C. N. - 1º PREMIO - SANTIAGO DE COMPOSTELA - O Camiño esquecido
MARISA L. D. - 1º ACCÉSIT - GIJÓN - No Camiño
JOSE NICANOR A. A. - 2º ACCÉSIT - VIGO - Memorias de un camino
RICARDO A. A. - 1º MENCIÓN DE HONRA - SEVILLA - Noviembres peregrinos
CLARA G. M. - 2º MENCIÓN DE HONRA - VALENCIA - Bajo el manto de estrellas: Cantos del Camino de Santiago
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.