Notas de prensa

A UVigo participa no deseño dun buque remolcador cero emisións propulsado integramente por hidróxeno verde

O Grupo de Tecnoloxía Enerxética, adscrito ao Cintecx, Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, en colaboración cos estaleiros Nodosa e a empresa CT Engineering, está a participar no desenvolvemento dun buque remolcador cero emisións propulsado integramente por hidróxeno verde, un proxecto cuxos resultados poderían supor un significativo avance para a industria naval española no uso da tecnoloxía sostible e ecolóxica.

Trátase do proxecto H2tech4Ship, dirixido polos investigadores Concepción Paz e Jacobo Porteiro, un dos seleccionados para recibir financiamento na convocatoria do PERTE Naval 2023, no marco do proxecto líder de Navantia Inncodis: desenvolvemento dun sistema industrial innovador para unha economía competitiva, sector naval diversificado e sostible, cunha dotación que ascende a máis de 1,3 millóns de euros.

Concepción Paz: “Non hai unha solución tecnolóxica única”

A investigación pretende incrementar o coñecemento e a experiencia da industria naval española para a construción de buques de hidróxeno. Segundo indica Concepción Paz, polo momento, “non hai unha solución tecnolóxica única que sexa adecuada para todo o sector, a pesar de que comezan a existir iniciativas que se están probando a escala de laboratorio ou preparando para proxectos piloto en contornas marítimas».

Ao longo do proxecto avanzarase no estudo de todos os sistemas que asisten a un grupo xerador e no deseño conceptual dun buque a hidróxeno. Así mesmo, «analizaranse as tecnoloxías actuais no uso de hidróxeno dentro do sector naval e desenvolverase unha planta de propulsión eléctrica e de xeración térmica de H2 para abastecer as necesidades de potencia dun buque remolcador», destaca Jacobo Porteiro. Farase «estudando os métodos de almacenamento de enerxía en forma de hidróxeno e baterías que deberán garantir tanto os requirimentos de potencia e autonomía do buque como a seguridade na súa operación».

Segundo indican os responsables do proxecto a inclusión do hidróxeno como vector enerxético afectará o buque como un sistema integral, polo que se examinarán solucións de deseño en aspectos de estabilidade, francobordo, estruturas, seguridade e sistemas auxiliares de máquinas en xeral, avaliando tamén os procedementos e sistemas de seguridade, os sistemas de control do buque e as plantas de potencia e/ou xeración.

Xemelgo dixital

O grupo GTE de Cintecx será o encargado de traballar na conceptualización dun xemelo dixital e no estudo das variables necesarias para o control de parámetros e a simulación. “Todos estes estudos críticos estarán encamiñados a dar un paso clave na avaliación e o coñecemento necesario para abordar o deseño e as distintas configuracións dos sistemas implicados, nun sistema de propulsión 100% baseado en hidróxeno», explica Paz.

Universidade de Vigo (UVigo), 2024-05-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-soldador.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Goberno autonómico prevé publicar antes de que remate o ano a nova normativa de desenvolvemento do decreto de FP, aprobado este ano, para actualizar os currículos destas ensinanzas e incorporar tres novas figuras docentes. Así se recolle nos informes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP , que abordan tanto esta nova regulación como o lanzamento da primeira convocatoria do selo Empresa comprometida coa FP dual, “un distintivo para recoñecer ás empresas máis implicadas con estas ensinanzas”, que acreditará o seu traballo e que implicará beneficios.
Foto de la tercera plana (ramon-pineiro-egeria.jpg) Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES