
A humorista, escritora e activista ecuatoguineana Asaari Bibang será quen, logo da inauguración polas autoridades, abra o encontro o día 7 nunha sesión matinal na que tamén se desenvolverá a mesa de comunicacións De cómicas e comedias coa participación de expertas internacionais.
Esa mesma tarde, a profesora da Universidade de Vigo Sabela Fraga impartirá a conferencia O dobre movemento do humor nas artes, á que lle seguirá unha nova mesa de comunicacións titulada Resistencias humorísticas. Rematará a xornada coa conversadeira Baia Fernández con Ai que risa, Marisa!: Humor para cousas que non teñen graza.
Programa do día 8
A profesora do Trinity College de Dublín Catherine Barbour abrirá a xornada do día 8 coa conferencia Killjoys divertidas: Humor e vinganza no audiovisual galego feminista. A continuación desenvolveranse novas mesas de comunicacións sobre o humor en imaxes e sobre risas dixitais, coa participación de numerosas persoas especialistas en feminismos e humor de universidades galegas e do ámbito internacional.
O encontro rematará cunha charla a modo de conclusión coas catro profesoras organizadoras do evento científico: as docentes da USC Yolanda Martínez Suárez e Marta Pérez Pereiro; Laura Lesta García, do Middlebury College; e Saleta de Salvador Agra, da Complutense de Madrid. Como broche final, as persoas participantes poderán asistir no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación á función teatral Té con Kant a cargo de Inversa Teatro.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.