A poeta palestina Rafeef Ziadah ofrecerá un recital no Paraninfo da Universidade da Coruña
O paraninfo da ReitorÃa acollerá o vindeiro luns, 15 de abril, ás 20:00 horas, o primeiro recital na Coruña da poeta palestina Rafeef Ziadah. A súa poesÃa, dedicada á guerra en Palestina, estará acompañada da música en directo de Phil Monsour. O evento será de carácter gratuÃto e está organizado pola asociación Pallasos en rebeldÃa e o Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

Conta co patrocinio da VicerreitorÃa de Igualdade e Diversidade da UDC e a Deputación da Coruña, e a colaboración do colectivo Galiza por Palestina, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, o movemento BDS Galiza e o colectivo Sugxpal.
Rafeef Ziadah
Rafeef Ziadah é a poeta palestina máis coñecida a nivel internacional. AutodefÃnese como "filla da ocupación" e ten un estilo propio, cunha forte mensaxe polÃtica. Coa súa "performance" convida ao público a reflexionar arredor de temas como a guerra, o racismo ou o xénero.
Ziadah é recoñecida polas súas performances e a viralidade das súas propostas. No seu último álbum “Three Generation” invita a unha viaxe a través de Palestina e o Mar Mediterráneo, seguindo a estela do seu segundo traballo, onde a súa palabra únese á música, xerando asà un maior impacto no público.
Universidade da Coruña (UDC), 2024-04-12
Actualidad

O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández, subliñou esta mañá en Santiago o potencial da Comunidade galega no emprego da madeira no eido da construción gracias ao esforzo de todos os axentes do sector forestal-madeira e do compromiso do Goberno galego para impulsar o emprego deste elemento nas edificacións que se están a levar a cabo na rexión co apoio da Administración autonómica. Fernández RÃos realizaba estas declaracións no marco da inauguración da xornada sobre o proxecto europeo de construción sustentable Life timber for all.

Galicia situouse en 2025 como a terceira comunidade autónoma en taxa de doazón de España, cun Ãndice de 39 doazóns por cada 1.000 habitantes. Segundo os datos que o Ministerio de Sanidade fixo públicos, con motivo da conmemoración do DÃa Mundial do Doante de Sangue, as campañas de doazón desenvolvidas pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) permitiron situar Galicia nos primeiros postos, ao rexistrar 39 doazóns por cada 1.000 habitantes, sendo soamente superada por Estremadura (47/1.000) e Castela León (45/1.000).
Notas
A Deputación da Coruña entregou no Coruña Estudio Inmersivo (CEI), na Cidade das TIC, os Premios do Plan de Emprego Local (PEL) 2026, os galardóns cos que a institución provincial recoñece cada ano o talento, a innovación, a capacidade de xerar emprego e o compromiso co territorio das empresas, autónomos e iniciativas emprendedoras da provincia.
O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) acaba de adherirse como membro asociado ao proxecto Ebrains, unha iniciativa europea que ten como obxectivo fomentar a investigación relacionada co cerebro e axudar a transferir os resultados obtidos no laboratorio á industria, en beneficio dos pacientes e a sociedade.