
Desde o traballo póstumo de Jean-Luc Godard ao máis recente filme do prolífico realizador brasileiro Júlio Bressane que se verá en estrea europea, pasando polas novas obras de veteranos investigadores da linguaxe cinematográfica como Paul Vecchiali, Jean-Claude Rousseau, Jerome Hiler, Enrico Ghezzi e a dupla que integran Yervant Gianikian e Angela Ricci Lucchi, a competición internacional desta edición será, á vez, unha celebración de cineastas que, ao longo das súas carreiras, xamais deixaron de lado o seu interese pola experimentación audiovisual.
Os sete filmes que formarán parte da competición internacional son:
- Bonjour la langue (Paul Vecchiali, 2023, Francia).
-Cinema Before 1300 (Jerome Hiler, 2023, Estados Unidos).
-Film annonce de film qui nexistera jamais (Jean-Luc Godard, 2023, Francia).
-Frente a Guernica (Yervant Gianikian, Angela Ricci Lucchi, 2023, Italia-España). Estrea española.
-Gli ultimi giorni dellumanità (Enrico Ghezzi, Alessandro Gagliardo, 2022, Italia). Estrea española.
-Leme do destino (Júlio Bressane, 2023, Brasil). Estrea europea.
-Oú sont tous mes amants? (Jean-Claude Rousseau, 2024, Francia). Estrea española.
O igualmente prestixioso xurado que outorgará os premios da Competición Internacional estará integrado pola directora austríaca Ruth Beckermann, realizadora de The Dreamed Ones, Mutzenbacher e The Waldheim Waltz, entre outros clásicos contemporáneos; a cineasta e profesora estadounidense Bette Gordon, directora da icónica Variety e Handsome Harry, e o programador e editor Benjamin Mirguet, que traballou en películas como Batalla en el cielo, ou Dau, entre moitas outras.
A programación da competición internacional súmase ás xa anunciadas retrospectivas e funcións especiais que integrarán esta edición, entre as que se contan ciclos dedicados á obra de William Friedkin, Leon Hirszman, David Gladwell, Viola Stephan e unha exhibición especial do filme As armas e ou povo, con motivo de cumprirse 50 anos da Revolución dos Caraveis.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.