Notas de prensa

O Festival ROMPETIÑO JUMP Anuncia o seu Cartaz Completo con Estrelas do Trap e Hip Hop Nacional

O ROMPETIÑO JUMP, o evento referente de música urbana en Galicia e gran parte da península ibérica, anuncia o cartel completo para a súa próxima edición, que terá lugar do 5 ao 7 de Xullo de 2024 en Porto do Son, A Coruña. Con un impresionante Line-Up de artistas nacionais, o festival promete ofrecer unha experiencia inesquecible para os amantes do trap, o hip hop e a música urbana en xeral.

Encabezando a lista de artistas atópanse recoñecidas figuras do panorama musical español como La Zowi, Kaydy Cain, Kaze, Al Safir ou Dirty Suc entre outros moitos talentosos artistas. Estes nomes destacados representan o mellor do xénero e garanten unha actuación chea de enerxía e emoción para o público asistente.

O ROMPE gañou unha reputación como destino imprescindible para os aficionados á música e aos deportes. Cun ambiente vibrante e unha variedade de artistas emergentes e consagrados, o festival ofrece unha plataforma única para celebrar a cultura urbana e disfrutar da música en vivo. Ademais do emocionante anuncio do cartaz completo, o ROMPETIÑO JUMP tamén puxo á venda as entradas de un día para aqueles que desexen asegurar o seu lugar no evento. Os asistentes terán a oportunidade de disfrutar dun fin de semana cheo de música, deportes e cultura con momentos inesquecibles xunto aos seus artistas favoritos. Para máis información sobre o festival, incluíndo a venda de entradas e detalles sobre o programa, visita Woutick.es ou Rompetino.org e segue as redes sociais do evento (@rompejumpfestival) para estar ao tanto de todas as novidades e actualizacións.

Poderás tamén mergullarte na esencia do festival coa sua revista exclusiva! Descobre as voces detrás do escenario con entrevistas íntimas a artistas como Kabasaki, Kiko Varela ou C. Mirazo. Ademais, goza de artigos que exploran a vangarda cultural que define o evento. Atópaa nos establecementos colaboradores do festival e tamén na web Rompetino.org e sé parte da experiencia completa.

O festival conta co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que xera encontros en torno ao directo.

Rompiente Clothing, na súa aposta polo talento novo, apoia ao Rompetiño Jump como plataforma de lanzamento artístico nun marco e escenario inigualables.

Rompetiño Jump, 2024-04-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES