
A aula arrancou en outubro a súa actividade formativa, na que participa arredor dunha ducia de persoas e que se desenvolve semanalmente nas instalacións do campus de Ourense a cargo dos membros de Sarabela Teatro Fina Calleja, Sabela Gago, Flor Figueroa, Elena Seijo e Fernando Dacosta, o seu director. Froito destes meses de traballo, preséntase Desequilibrios, con dramaturxia, escenografía e dirección de Fernando Dacosta e inspirada libremente no libro Alguén voou sobre o niño do cuco, de Ken Kesey.
Unha historia de amizade, de revolta, de represión
Ambientada nun manicomio que está obsoleto e no que o tratamento de shock que reciben as persoas díscolas está sendo cuestionado, a obra propón unha historia de forzas en oposición: as daquelas persoas que teñen o poder e queren perpetuarse nel e as que o cuestionan desde a súa loucura. Desequilibrios é, engaden desde a súa organización, unha historia de amizade, de revolta, de represión, de creatividade, de amor, de liderado, de sacrificio que contén humor e morte, comedia e traxedia, como a vida mesma. A peza, apunta Fernando Dacosta, pon diante de nós os desequilibrios que afrontamos cada día. O lado da balanza no que decidamos poñernos é cousa nosa.
A obra foi presentada recentemente no 28º Ciclo de Teatro Universitario da Beira Interior (Portugal), onde acadou o premio do público. Estamos moi agradecidos pola acollida do Teatr'Ubi e de Covilhã, comenta Fernando Dacosta, dando os parabén á organización do festival e ás compañías participantes. Satisfeito por ter acadado o recoñecemento do público nesta estrea, subliña que seguir e poder estar é o premio. A próxima cita de Desequilibrios será nos escenarios galegos, a principios de maio, na celebración da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense Miteu.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.