
O programa está liderado pola Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) e o seu obxectivo principal é favorecer a incorporación do Deseño Centrado na Persoa aplicado ao deseño de produtos para persoas con discapacidade na educación universitaria, a través da experimentación e avaliación do uso de metodoloxías participativas e inclusivas para a aprendizaxe con profesores e estudantes de diferentes ámbitos.
Esta iniciativa, financiada pola Comisión Europea a través do programa Erasmus+, desenvolverase ata o ano 2026. No consorcio participan a Universidade da Coruna (España), Vilniaus Kolegija (Lituania), CREADE (Bélxica) e Technicka Univerzita v Kosiciach (Eslovaquia), que acaban de reunirse no seu primeiro encontro transnacional en Lituania.
Durante a reunión, que tivo lugar os días 29 de febreiro e 1 de marzo, identificáronse os conceptos clave do proxecto, tales como o modelo social da discapacidade, a accesibilidade universal, as tecnoloxías de apoio, o deseño centrado na persoa e as metodoloxías participativas e inclusivas que se aplicarán. Este encontro serviu como punto de partida para unificar datas, fitos, resultados e directrices do proxecto.
O equipo do CITIC da UDC que participa neste proxecto está formado por Thais Pousada, Betania Groba, Laura Nieto, Mª del Carmen Miranda e Patricia Concheiro, docentes da área funcional de Terapia Ocupacional; Manuel Lagos, estudante de doutoramento e investigador contratado; Javier Pereira, subdirector do CITIC e docente da Área de Medicina Física; xunto co director do CITIC, Manuel González Penedo, profesor da Área de Ciencia da Computación e Enxeñaría Artificial. Será no propio CITIC onde se desenvolverá o Inclusive Design Lab no vindeiro mes de novembro, que involucrará a toda a comunidade universitaria, xunto cos partners europeos.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.