
O xurado, formado polo vicepresidente Xosé Regueira; as vogais Patricia Cernadas Novo e Paula Cabado Brea e a secretaria Carmen María Ferreiro Villaverde, Bibliotecaria e directora da Biblioteca provincial, elexiu Estou aquí como relato gañador por ser un texto lírico que expresa con gran beleza os sentimentos e as emocións, co mar como parte da identidade. No caso de O desencravo, por utilizar a ironía e o humor, destacando polo seu estido fluido e orixinalidade. E, El pazo de Goiáns, por transmitir fantasía, coidada prosa e evocar un mundo onírico.
O certamen #HoxeEscriboEn, convocado pola área de Turismo en colaboración coa Biblioteca provincial, premia ás persoas gañadoras con estadías e experiencias en cabanas e establecementos rurais da provincia e lotes de produtos representativos de selos de calidade e sustentabilidade.
O obxecto do concurso é o fomento do talento creativo, a animación á escritura
e á lectura, e a difusión do patrimonio cultural e turístico dos concellos da
provincia da Coruña, contribuindo a sensibilizar sobre os recursos naturais, culturais e medioambientais de cada un, e a importancia de preservalos.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.