
Os fondos expostos, entre os que se atopan publicacións, cartelaría ou mesmo xogos de mesa, proceden da Fundación Pablo Iglesias e da colección privada de Miguel Gutiérrez.
A vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández, o responsable de Actividades Culturais da Fundación Pablo Iglesias, Óscar Martín, e o profesor da Facultade de Xeografía e Historia, Emilio Grandío Seoane, comisario da mostra, inauguraron este mércores 15 a exposición.
"Unha sociedade en cambio como a daqueles anos setenta demandaba un réxime que permitira transitar cara á democracia, mais a cultura democrática había que construíla, explican dende o comisariado da exposición. Era preciso definir modos e valores para que o diálogo, o debate, en definitiva, a esencia da democracia, chegara en primeiro lugar a dita sociedade, e posteriormente, se consolidara no tempo", apuntan dende a organización.
A definición final da Constitución de 1978 procede dun debate interno nunhas Cortes parlamentarias nunca definidas como 'Constituíntes', pero tamén dun proceso máis prolongado no tempo no que ditadura e oposición confluían para verificar "a única saída razoable naquel contexto". A auténtica clave na súa definición foi "a interiorización nunha gran maioría social da necesidade de buscar futuros de maneira común. A esencia da democracia", explican.
Escola de Democracia. O proceso cara á Constitución Española de 1978 poderá visitarse ata o 28 de xaneiro de 2024, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas, para profundar na tortuosa senda que logrou definir a Carta Magna, incluíndo os camiños sen explorar".
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.