
Ademais de López Barrio, participaron no acto inaugural o delegado do reitor para a Transferencia do Coñecemento, Luis Otero, e a primeira tenenta de alcaldesa do Concello de Santiago, María Rozas.
Esta quinta edición lévase a cabo no marco dos principios da Axenda Urbana 2030 e céntrase no debate sobre un modelo económico pensado por e para as persoas, tal e como apuntan dende a organización. A Feira amosa produtos baseados nun modelo de Economía Circular e conta en quenda de tarde con obradoiros gratuítos de creación de servizos e produtos de deseño. A feira pode seguirse en directo a través da canle de YouTube de Woman Emprende.
Encontro e premios
Esta foi unha semana ateigada de conversas entre empresas e xente que está empezando, explicou Eva López Barrio en referencia ao Encontro Universidade-Empresa sobre Economía Circular co que se fomentou o diálogo entre empresas e entidades con estudantado e persoal investigador especialista nesta materia. A iniciativa impulsada por USC, Concello de Santiago e o Grupo de Traballo de Economía Circular WAS (Woman Action Sustainability) permitiu que o alumnado achegase, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, a súa visión e aplicase os seus coñecementos a retos reais.
En concreto, nove empresas e entidades expuxeron outros tantos retos relacionados coa súa actividade e vinculados á Economía Circular para que o estudantado puidese achegar a súa particular ollada. Entregáronse dous premios económicos para os/as gañadores/as de 700 euros para o primeiro premio e 300 para o segundo. O equipo vencedor (SUF) estivo integrado por Rubén Peña Boch, Juan Maceira Franco, Nicolás Torrado Rodríguez e Pablo Castro Pose; mentres que o segundo posto recaeu no equipo Recycling Power, integrado por Ainhoa Echevarría Óliver, Alba Fernández Castro e Natalia Fernández Castro. En total, na actividade participou máis dun cento de persoas.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.