
Un exemplo claro son os arrecifes de coral de augas cálidas, que están morrendo a un ritmo sen precedentes por ese quecemento; e mesmo se a temperatura se estabiliza en 1,5 °C se prevese que máis do 99% dos arrecifes colapsen. Para os autores do estudo, estes puntos de inflexión representan un novo tipo de ameaza que as estruturas e acordos internacionais actuais non están preparados para afrontar.
No grupo de 160 científicos e científicas responsables da publicación, pertencentes a 87 institucións e 23 países, atópase o profesor da USC Sebastián Villasante, director de EqualSea Lab (CRETUS-USC) e Investigador Distinguido de GAIN-Xunta de Galicia. Este grupo de persoal experto está colaborando coa Presidencia da COP30 (trixésima edición da Conferencia das Nacións Unidas para o Cambio Climático) para garantir que os puntos de inflexión estean incluídos na axenda do cumio. Este ano a COP30 desenvolverase en Belém, Brasil, país anfitrión e presidente da conferencia climática de 2025; unha cita moi simbólica porque está no corazón da Amazonía, unha das rexións máis afectadas pola crise climática.
Mais a pesar da gravidade da situación, as persoas autoras do estudo cren que a solución está ao noso alcance: a Humanidade aínda pode elixir cambiar e evolucionar cara a un futuro seguro, próspero e equitativo e parece que as actitudes sociais van encamiñadas nesa dirección, aseguran. Agora ben, que o persoal científico poña solucións concretas e viables sobre a mesa e que a sociedade teña máis conciencia sobre a necesidade de actuar é alentador pero non suficiente, advirten. Para conseguir o cambio de rumbo urxente e necesario sen precedentes necesitamos unir os esforzos da sociedade civil á valentía política e o liderado dos países. Gobernos, empresas, sociedade civil e individuos teñen todos un papel que desempeñar, reivindican. Precisamente, en busca de xerar esa cooperación a presidencia da COP30 lanzou unha iniciativa global chamada Mutirão (que significa esforzo colectivo) para impulsar a acción climática en todo o mundo.
Para o persoal científico autor do traballo, a clave para evitar a catástrofe é actuar con urxencia, apoiando a transformación social e activando puntos de inflexión positivos, como a expansión das tecnoloxías verdes. Trátase -explican- de transformacións positivas que sexan máis baratas, accesibles e atractivas que as opción contaminantes, como a enerxía solar, eólica e os vehículos eléctricos, que de feito xa se demostraron puntos de inflexión positivos. As persoas autoras remarcan que unha vez substituídas, as tecnoloxías contaminantes teñen poucas probabilidades de volver a ser escollidas, porque as novas opcións resultan máis baratas e eficientes.
Así mesmo, unha acción política coordinada nos chamados puntos de súper apalancamento pode xerar cascadas de cambio positivo entre sectores interconectados como a enerxía, o transporte e a calefacción, adiantando a transformación en todos eles.
Dende EqualSea Lab (CRETUS-USC) queren advertir que a velocidade en que estes puntos de non retorno se está alcanzando está a ser moito maior que o que se temía e que o cambio que debemos facer como sociedade ten que ser un sen precedentes porque o que nos xogamos é a habitabilidade do planeta Terra.
A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha 'Aquí Sabemos', unha nova identidade destinada a dar maior visibilidade aos produtos agroalimentarios galegos que contan con distintivos de calidade diferenciada. A iniciativa agrupa baixo unha mesma imaxe as denominacións de orixe (DO), as indicacións xeográficas protexidas (IXP), a Artesanía Alimentaria e a Agricultura Ecolóxica, co propósito de facilitar o seu recoñecemento por parte dos consumidores e reforzar a súa presenza no mercado. A nova marca nace como unha ferramenta común de promoción, que mantén os nomes de cada certificación, así como as súas características e garantías específicas, integrándose nunha identidade compartida que pretende amosar a diversidade e riqueza do sector agroalimentario galego.
A instalación, que permanecerá na lagoa ata o 2 de maio de 2026, está realizada con madeira autóctona de castiñeiro e empregando técnicas tradicionais de carpintaría náutica. A obra recupera así saberes vencellados á arquitectura popular e á construción naval galega. A produción da mesma foi realizada pola empresa galega Casabio Timber Frame, contando coa colaboración de Jaime Pareja Arquitectura no seu proceso de deseño estrutural e adaptación ao terreo. 'A auga é un intre que aprendeu a quedar' parte dunha lectura contemporánea do territorio como unha paisaxe híbrida nacida da interacción entre os sistemas naturais e a acción humana.