Notas de prensa

O prestixioso divulgador e profesor Carlos Santana falará sobre IA no congreso Mundos Digitales

Afundación, a Obra Social de ABANCA, acollerá na súa sede da Coruña varias das propostas incluídas na XXI edición de Mundos Digitales, o congreso internacional de animación, efectos visuais e novos media que se celebrará do 6 ao 8 de xullo. Organizada en colaboración coa Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE), o profesor e divulgador Carlos Santana ofrecerá a conferencia 'Benvidos á 4ª revolución'.

Será o vindeiro venres 7 de xullo a partir das 19.30 h. Nela falará sobre como a intelixencia artificial xa se converteu nunha das tecnoloxías máis revolucionarias dos últimos anos pola súa capacidade de poder transformalo todo: a ciencia, a medicina, a economía, a sociedade… Analizará onde xorde esta revolución e cara a onde nos levará nos próximos anos.

Carlos Santana é divulgador, youtuber e profesor no campo da intelixencia artificial e o machine learning. É o creador da canle de YouTube Dot CSV, que conta con máis de 750.000 subscritores e está especializada no campo da IA, e dá clases de Machine Learning and Data Science na Escuela de Organización Industrial.

Durante esta xornada tamén se presentará o OBSERBAPTORIO IA realizado pola axencia creativa e dixital BAP&Conde en colaboración con Mundos Digitales.
A entrada é gratuíta, previa inscrición na web Ataquilla.com. Esta actividade tamén forma parte da iniciativa solidaria de Afundación «Cultura por alimentos» polo que, para acceder, é necesario entregar nos entrada alimentos non perecedoiros que serán doados ao Banco de Alimentos.

Afundación, 2023-07-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES