
Coa idea de rebater esta serie de crenzas, un artigo coordinado polo investigador principal do grupo Remoss, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Roberto Barcala, identifica a través dun consenso de expertos os dez principais mitos asociados ao medio acuático para logo ofrecer “unha perspectiva cientÃfica para a súa refutación”.
Publicado na revista Educación Médica, trátase do primeiro documento cientÃfico en español que aborda esta problemática e foi elaborado “por un grupo de traballo multidisciplinar”, do que formaban parte expertos e expertas en medicina de urxencias, pediátrica e forense, en enfermarÃa e en socorrismo. O seu obxectivo é que este documento “sirva de guÃa para todo tipo de públicos”, desde á poboación en xeral “aos reguladores e os profesionais sanitarios”, de tal xeito que permita “resolver preguntas habituais que poden xurdir na tempada de praia” e desbotar ideas “que están no ideario popular e que non se sustentan nunha base cientÃfica ou á que se lles atribúe está obsoleta”, explica o catedrático da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Para iso, doce expertos en ciencias da saúde, boa parte deles pertencentes ao grupo de traballo Semes-Socorrismo da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias, realizaron un “cribado de conceptos”, partindo da revisión da literatura cientÃfica sobre este tema, chegando finalmente á identificación de dez falsas crenzas, que foron rebatidas polo grupo de expertas e expertas responsable deste artigo.
Os afogados non piden axuda e non hai que colocar a vÃtima boca abaixo
Varias destas crenzas céntranse na identificación, clasificación e tratamento das vÃtimas dun afogamento, como a propia idea de que “a persoa que afoga pide axuda”, cando realmente “recoñecer esta situación é un reto para socorristas e bañistas”, xa que “unha persoa que se afoga frecuentemente faino en silencio, non berra e non pide axuda, trata de sacar a cabeza e concentra todos os seus esforzos en respirar”, podendo desaparecer da superficie da auga nuns 90 segundos. Do mesmo xeito, os autores deste estudo rebaten tamén a idea de que, tras o afogamento, a vÃtima debe colocarse boca abaixo “para baleirar a auga dos pulmóns”, unhas manobras que “ademais de ser inútiles, supoñen unha perda de tempo esencial”, polo que a recomendación é aplicar o antes posible o protocolo de reanimación cardiopulmonar (RCP).
Neste mesmo bloque, rebátese tamén o uso de termos obsoletos como “case afogado ou o semiafogamento”, para referirse ás vÃtimas que sobreviven tras un incidente acuático, xa que o afogamento defÃnese “como un proceso polo que se experimenta unha dificultade para respirar causada pola submersión ou inmersión nun lÃquido”, que pode resultar ou non mortal. Tamén no referido a terminoloxÃa, refútase o uso de termos como “afogado seco ou branco e afogado húmido ou azul”, que se empregaban para diferenciar as vÃtimas nas que se atopou ou non lÃquido nos pulmóns, xa que “a definición de afogamento inclúe á aspiración de lÃquido”.
Do corte de dixestión aos “remedios caseiros” fronte ás picaduras
No referido á seguridade dos bañistas, o estudo fai referencia a mitos como o do corte de dixestión, xa que “non hai contraindicacións para bañarse” tras consumir alimentos. Os autores deste estudo sinalan que esta idea pode confundirse coa “hidrocución ou shock termodiferencial”, que pode acontecer cando unha persoa se mergulla “bruscamente” e existe “unha notable diferencia entre a temperatura corporal e a da auga”. Do mesmo xeito, tamén rexeitan que manguitos ou flotadores preveñan o afogamento, xa que “non garanten que as vÃas respiratorias queden fóra da auga en todo momento” e poden xerar “unha falsa sensación de seguridade” nos nenos e nenas e nos seus coidadores. Asà mesmo, outra falsa crenza que pode resultar prexudicial é a de que “para aguantar máis” durante un mergullo en apnea, debe “inspirase profundamente varias veces”, algo que, como explica Barcala, está “contraindicado, porque pode ter uns efectos fisiolóxicos que alteran os centros receptores respiratorios e provocar a perda da consciencia baixo a auga”.
Tamén no eido da seguridade, os expertos desbotan a utilidade da urina de doutos “remedios caseiros” fronte a picaduras de medusas, xa que estes “non alivian as molestias e incluso poderÃan aumentar a descarga de veleno”. Fronte a isto, a recomendación é “limpar os restos da medusa e lavar a zona con auga do mar”, asà como solicitar asistencia sanitaria “ante calquera dificultade respiratoria, mareo ou malestar”, sinala o coordinador do grupo Remoss.
Por outra banda, esta documento pon o foco na idea “estendida a través das redes sociais” de que “a bandeira vermella non afecta a todos os bañistas”, permitindo, por exemplo, a práctica do surf, cando “as competencias sobe a regulación do baño, as sancións e as excepcións dependerán da regulación de cada municipio”, de tal xeito que, salvo “indicación explÃcita”, é de obrigado cumprimento para todos. Por último, a décima das falsas crenzas recollidas neste estudo é da que é o principal traballo dos socorristas “é rescatar persoas da auga”, xa que investigacións previas teñen constatado que a súa principal labor é a prevención e que as asistencias na auga só representan o 0,1% das súas accións.
Xunto a Barcala, asinan este traballo a tamén integrante do grupo Remoss Patricia Sánchez, médica da Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061; Ismael Sanch, da Universidad Autónoma de Madrid; Verónica Izquierdo, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela; Santiago MartÃnez-Isasi, Antonio RodrÃguez e Ignacio Muñoz, da Universidade de Santiago de Compostela; e Silvia Aranda, da Universitat de Barcelona.
A Xunta habilitou hoxe un apartado especÃfico dentro da páxina web de MeteoGalicia para facilitar o acceso e as consultas relacionadas coa predición do tempo en todos os concellos galegos durante a xornada da eclipse solar, prevista para o vindeiro dÃa 12 de agosto. Galicia será unha das rexións nas que mellor se poderá observar este fenómeno astronómico de carácter excepcional, aÃnda que non en todas as zonas se apreciará por igual. De feito, no espazo web dedicado ao tempo durante a eclipse hai un mapa con todos os concellos sobre o que se indica en cales será total e en cales se verá de forma parcial.
Co obxectivo de pór en valor os máis de 2.555 quilómetros de litoral que posúe Galicia, a Xunta ven de lanzar o Camiño do Litoral. Trátase dun itinerario único que discorre por 78 municipios costeiros a través de 52 etapas, concibido para ofrecer unha alternativa de turismo sustentable e amosar a convivencia entre a conservación ambiental e o desenvolvemento socioeconómico da zona. Esta gran ruta vertebradora, que xurde como unha das medidas clave ao abeiro da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, conecta espazos naturais, vilas mariñeiras e un rico patrimonio.