Notas de prensa

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Lugo celebra o Día das Letras Galegas en Bulgaria

A pasada semana percorreu Bulgaria un numeroso grupos de membros da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo, en viaxe cultural organizada pola asociación que preside Ángel Trabada. Como é tradicional nas viaxes que coinciden con esta data, celebraron na cidade de Burgas un acto con motivo do "Día", no que interveu o xornalista Xulio Xiz.

Xiz, membro da asociación, falou de Fernández del Riego, o seu papel na creación do "Día das Letras", os 60 anos que se cumprían desde a primeira edición en 1963, e o exemplo que para a vitalidade do Galego supón a existencia de destacados escritores "alófonos" - Pérez Creus, Anne Marie Morris ou García Lorca, entre moitos outros -, asi chamados por Alonso Montero os non galegos con obra importante no noso idioma.

O acto rematou co canto colectivo do Himno Galego.

Similares actos téñense celebrado nos últimos anos con motivo da viaxe dos Amigos do Camiño a Rumanía, Xordania ou Sicilia.

Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo, 2023-05-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES