
Dirixida por Julia Canay e cun elenco composto por Laura Albasi, Héctor G. Pereira e Claudio Suárez, Rebentadas foi tecendo unha historia que co pasar dos minutos desvelou o nexo de unión entre unha violación nun hotel de Leeds, un partido de fútbol no que chovían botellas e a limpeza étnica na cidade de Srebrenica, en Bosnia. A ESADG apostou neste caso por unha novidosa posta en escena, na que o público se sentou enfrontado aos actores como se dun campo de fútbol se tratase, e incluíndo a gravación e emisión de vídeos en directo. Desde o local ao global, as persoas que asistiron a esta primeira representación da Miteu en Vigo puideron achegarse á historia dunha rapaza duns 21 anos que é agredida sexualmente por un home moito maior ca ela na habitación dun hotel de Leeds, no Reino Unido; a un histórico partido de fútbol entre o Dínamo de Zagreb croata- e o Partizán de Belgrado serbio-; e a limpeza étnica que tivo lugar na cidade Bosnia de Srebrenica en 1995, na que foron asasinadas máis de 8000 persoas.
O teatro volve o mércores 12 con As cidades agochadas
Tras o parón pola Semana Santa, as representacións continuarán o mércores 12 de abril da man do grupo Maricastaña, da Aula de Teatro Universitario de Ourense, que, baixo a dirección do dramaturgo Fernando Dacosta, representará a obra As cidades agochadas, unha viaxe por cidades da memoria, do desexo, da morte, do poder
. O día 19 será a quenda da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela que, neste caso, porá en escena Observacións sobre a felicidade, unha obra colectiva dirixida por Roberto Salgueiro na que se fala sobre a felicidade, tratando de definila, intentando desentrañar os seus mecanismos
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.