Notas de prensa

O cineclub La Barraca organiza un ciclo de proxeccións político-sociais

O pasado curso académico, por iniciativa de alumnado da Facultade de Historia do campus de Ourense, púxose en marcha o cineclub universitario La Barraca. Desde entón, ten desenvolvido diferentes ciclos de cine dedicados a diversas temáticas. Este venres arranca un deles, centrado en cine político-social. A obra elixida para arrancar esta actividade, que se prolongará ata finais de marzo, é Persépolis.

O ciclo, explican desde a súa organización, está dedicado “ao que decidimos denominar cine político-social e no cal se destacan filmes que teñen como fío condutor a loita pola emancipación dos humildes”. A programación contempla a proxección de Persépolis (o 3 de febreiro); A batalla de Chile (o 10 de febreiro); Z (o 17 de febreiro); A confusión (o 24 de febreiro); A batalla de Alxer (o 3 de marzo); Salvatore Giuliano (o 10 de marzo); La chinoise (o 17 de marzo), e Cabaleiro sen espada (o 24 de marzo). As proxeccións celébranse na sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro, ás 17.00 horas, e están abertas de balde ás persoas interesadas. Tras o visionado, as sesións ábrense ao debate e ao diálogo entre as e os asistentes.

A primeira das obras elixidas, Persépolis, é unha película francesa de animación baseada na novela gráfica homónima de Marjane Satrapi e dirixida por Vincent Paronnaud que ten recibido distintos recoñecementos, como premio do xurado no Festival de Cannes 2007. Coa súa proxección, indican os responsables da actividade, “o cineclub posiciónase en relación coas mobilizacións populares protagonizadas por mulleres iranianas contra a tiranía fundamentalista”.

Universidade de Vigo, 2023-02-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES