
Precisamente que sexa o estudantado o que asume integramente a responsabilidade de poñer en marcha cada ano, desde hai 23, esta iniciativa, converte o Foro Tecnolóxico de Emprego da UVigo nunha excepcionalidade no panorama universitario nacional, ademais de ser un dos principais factores diferenciais e unha das claves do seu éxito, aseguran María Purriños Paz e Camilo Piñón Blanco, coordinadora xeral e coordinador de comunicación, respectivamente, da 23ª edición do Foro.
Cando queda algo máis dun mes para que se celebre o evento, as e os organizadores aseguran ter una boa previsión en canto ao número e variedade de empresas que van participar e xa solicitaron o seu espazo para impartir conferencias e obradoiros. Unha das principais modificacións que levamos a cabo a organización este ano consiste en dar maior relevancia aos workshops, permitindo que se estendan ata a hora e media de duración, para que aqueles que teñan unha forte carga práctica poidan desenvolverse de maneira eficaz e cómoda, tanto para os organizadores do taller, coma para os alumnos que asistan, explican os organizadores, que contan este ano co apoio de 40 colaboradores e colaboradoras.
Axudar a que o alumnado perda o medo ao concepto etéreo de empresa
Nacido no ano 2001 co obxectivo de facilitar o achegamento dos e das futuras tituladas do ámbito tecnolóxico ás empresas do sector, a través dunha contorna amigable, na que se recollen currículos e producen interaccións entre o estudantado e as firmas, o Foro Tecnolóxico de Emprego segue a ter 23 anos despois a mesma motivación, axudar a crear unha ponte entre a universidade e o mundo laboral. Axudar a que se perda ese posible medo inicial ao concepto etéreo de empresa e que o alumnado vexa que son persoas como eles, que levan a cabo proxectos que lles poden interesar e que a través dese primeiro contacto, poidan comezar a orientar os primeiros pasos da súa carreira profesional, explican Camilo Piñón e María Purriños.
O evento, que este cambia os días de celebración de martes a xoves, en lugar de mércores a venres, porque son os días máis concorridos nas escolas, tamén introduce nesta 23ª edición melloras nos procesos de organización interna, que esperamos teñan unha repercusión positiva en forma dunha mellor experiencia para os novos colaboradores, como para as empresas e, sobre todo, para o alumnado das escolas que asista ao evento, explican os organizadores.
Razóns para asistir ao Foro
Para aqueles alumnos e alumnas que aínda nos asistisen a ningunha edición, as e os organizadores desta 23º edición anímaos a facelo, porque supón unha magnifica primeira aproximación ao mundo laboral, ofrecéndolles potenciais empregadores e empresas de diversos sectores da enxeñaría de Galicia no que poden realizar prácticas, traballos de fin de grao, ou mesmo atopar o seu primeiro emprego despois da graduación. Obter consellos de profesionais experimentados no ámbito da enxeñaría e establecer contactos, son outras razóns que as e os organizadores sinalan para asistir ao Foro e á que engaden, nun plano máis persoal, a oportunidade de que o alumnado comece as prácticas soft skills, como son a comunicación en público ao interactuar coas empresas ou a creación do seu primeiro currículo e perfil de LinkedIn, habilidades que desde o Foro consideramos clave no proceso de busca de emprego, explican.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.