Notas de prensa

O IV Certame de Videocreación distingue a Mario Bello, Mario Pereira e a compañía de teatro USC Lugo

A cerimonia de entrega de galardóns da cuarta edición do Certame de Videocreación, unha iniciativa promovida ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, converteu o Museo Interactivo da Historia de Lugo nun espazo de arte viva, no que a formación viguesa Trilitrate deleitou ao auditorio cun singular espectáculo de música e creacións visuais ao vivo.

A vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo, Tareixa Ferreiro, e o adxunto á Vicerreitoría de Organización Académica e Cultura da USC, Antonio Álvarez, presidiron a animada cerimonia que serviu de escenario para a entrega de premios ás propostas galardoadas polo xurado dun certame, no que a obra ‘Oniricae’, de Mario Pereira, recibiu o premio á mellor linguaxe visual, dotado con 400 euros en metálico

A proposta ‘Corpo territorio’, presentada desde a Compañía de Teatro USC-Lugo mereceu o galardón creado en homenaxe a Araceli Herrero, que tamén inclúe unha gratificación de 400 euros, mentres que ‘Correr’, unha videocración de Mario Bello, foi a proposta máis valorada polo público, unha distinción que non contempla dotación económica. Asemade, Alba Loureiro acadou unha mención especial con ‘Loureiro’.

Os autores das disintas propostas galardoadas na cuarta edición do Certame de Videocración do Campus de Lugo recibiron tamén como obsequio o debuxo ‘Piscina en prado verde’, da artista luguesa Mónica Alonso. O xurado desta convocatoria artística, integrado por Bruno López Rodríguez, Dores Rodríguez López e Carmen PG Granxeiro, acordou declarar desertas as categorías do concurso referidas ás especialidades representadas nas persoas e no legado de Isidro Novo e Rof Codina.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2022-12-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES