
O vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, inaugurará o encontro este luns, 21 de novembro, ás 10:00 horas, xunto co director da Escola, Plácido Lizancos, a coordinadora do grupo de investigación, Cristina García Fontán e o profesor e investigador deste grupo, Ricardo García Mira.
O encontro tratará sobre todo temas de actualidade relacionados co cambio climático e a incidencia na saúde e na vida das persoas. Ademais amosaranse resultados de investigación de varios estudos do grupo relacionados co proxecto Entrances.
Dentro do programa do encontro Strategies for Mitigating Climate Induced. Health Threats and Risks destacan relatores como Yurika Yokoyama, da Universidade de Tokyo, A realidade do risco despois do desastre: algunhas reflexións sobre o desastre de Fukushima, o día 21 ás 12:00 horas; Graciela Tonello, da Universidade Nacional de Tucumán (Arxentina), Cambio climático e saúde, estratexias de investigación en Arxentina, día 22 ás 12:00 horas; ou Gary Evans, da Universidade de Cornell (Nova York, Estados Unidos), día 23 ás 12:00 horas.
Sobre o proxecto Entrances
Entrances é un proxecto de investigación europeo financiado polo programa de investigación e innovación Horizonte 2020 da Unión Europea. Ten como obxectivo formular un conxunto de recomendacións para tratar o problema da transición de enerxía limpa na minería do carbón europea e das rexións intensivas en carbono. Está coordinado pola Universidade da Coruña e participan universidades e entidades de investigación de Italia, Alemaña, Austria, Noruega, Bélxica, Polonia, Romanía, Portugal, Francia, Eslovaquia e Reino Unido.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.