
Participaron, ademais de Enric López, Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia; Francisco AlmuÃña, presidente da Federación Galega de Turismo Rural, e o investigador Fidel MartÃnez, da Universidade de Santiago de Compostela.
Ao acto asistiron Nava Castro, directora xeral de Turismo da Xunta; Mª Montserrat Cruz, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo; José Antonio FraÃz, coordinador do foro e do mestrado en Turismo da Universidade de Vigo; Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia; e Emma González, xerenta do Inorde. Da cita, o seu responsable destaca o seu carácter dinámico e a oportunidade que ofreceu de interacción entre diferentes axentes do sector. Entre os temas abordados, sinala José Antonio Fraiz, estivo a conectividade, apuntando como “os escasos voos aos tres aeroportos galegos fronte ao de Porto fai que os turistas estranxeiros representen unha porcentaxe moi pequena do total de consumidores de turismo rural en Galicia”.
A profesionalización, con “só unha cuarta parte dos propietarios de establecementos de turismo rural dedicándose plenamente ao negocio” e a problemática da falta de relevo xeracional foron outros dos puntos abordados no foro. Igualmente tamén houbo tempo para achegarse a retos do sector como a súa estacionalidade, a súa baixa ocupación media e estancia media e os baixos prezos. “Hai que valorizar a oferta de turismo rural por medio da innovación, valéndose da contorna, da gastronomÃa, do patrimonio e das persoas. Outros destinos con menos recursos e os mesmos problemas sacan moita maior rendabilidade. En palabras de turoperadores aos que se lles mostraron experiencias do turismo rural galego: non somos conscientes do que temos”, sinala o coordinador do foro.
O ciclo de concertos gratuÃtos Atardecer no Gaiás estará dedicado esta semana a dúas bandas do novo tradi galego, Maricarme e Unto Vello. Ambas as dúas propostas recollen melodÃas do folclore que actualizan sen perder a súa esencia a partir de novos arranxos e instrumentación contemporánea. Os concertos serán o xoves 16 e venres 17 a partir das 21,00 horas na Praza central da Cidade da Cultura. Maricarme presentará o xoves 16 de xullo en Atardecer no Gaiás un adianto do que será o seu primeiro EP, con temas como Eu non quero té, nos que mesturan violÃns, pandeiros, bouzouki e electrónica nun son fresco e actual que transita entre a tradición oral e as composicións propias. Este supertrÃo nace da unión de tres artistas cunha recoñecida traxectoria na escena: Cibran Seixo (Davide Salvado, Abraham Cupeiro), MarÃa Jorge (Caldo, Mercedes Peón) e Migui Carballido (Zeltia Irevire, Mäi) e o seu directo escoitouse xa no Festival Maré, Festiletras ou na Foliada da Fonsagrada.
O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga 2026) afronta a súa vindeira campaña coa maior dotación económica da súa historia, alcanzando un total de 213 millóns de euros (un 18 % máis que o ano anterior). Non obstante, alén do esforzo orzamentario en persoal e infraestruturas, o deseño estratéxico para este ano destaca pola integración de tecnoloxÃa de vangarda e ferramentas de participación cidadá dirixidas a optimizar a detección temperá e a capacidade de resposta operativa no monte.