
Entre os traballos presentados na modalidade científica, o primeiro premio recaeu en Sabela Blanco Penelas por Diario dunha abella anónima. O certame está impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da USC e o apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
O xurado desta edición do certame estivo composto por María Xesús Nogueira Pereira (que actuou como presidenta), Carlos Pérez Varela, Sabela Fernández Domínguez, Henrique Neira Pereira e Alba Cid Fernández, e por Ana Manuela de Azevedo Gomes, Daniel García Dios e María Villar López, en representación da asociación AgroMar, como comité asesor para a Modalidade de Temática Científica.
No acto de entrega de galardóns interviñeron o vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo Costa; o decano de Filoloxía, Elias J. Feijó Torres; as vicedecanas Laurence Malingret e Alejandra Ulla Lorenzo; e o responsable do servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Singala. A actuación dos artistas LaMontagne & PicoAmperio serviu de colofón ao acto.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.