
A edición 2022 do popularmente coñecido como Ránking de Shanghai avalía máis de 2.500 universidades e publica os resultados das mil que encabezan a clasificación. Os criterios de avaliación inclúen diferentes indicadores de rendemento académico e de investigación, tales como o recoñecemento acadado polo persoal investigador e alumnado egresado nos Premios Nobel ou as Medallas Field ou as publicacións recollidas en revistas como Nature ou Science. Tamén considera o persoal investigador altamente citado na base de datos de Clarivate, os artigos indexados no Science Citation Index-Expanded e Social Science Citation Index, e o rendemento per cápita das universidades en función da dimensión do seu persoal académico.
Clasificación por materias
No mes de xullo, o Global Ranking of Academic Subjects (GRAS), elaborado polo mesmo organismo, destacaba a posición da USC en quince ámbitos científicos. En Odontoloxía e ciencias orais a Universidade ocupa en 2022 o chanzo 101-150 a nivel mundial, situándose na segunda posición da contorna estatal. A segunda área máis destacada da institución é a de Ciencias veterinarias, no mesmo intervalo internacional e na oitava posición entre as universidades españolas incluídas na clasificación.
Outros eidos que acadan posicións sobranceiras son Farmacia e ciencias farmacéuticas que ocupa o intervalo 151-200 (posición 4-5 de España), mentres que Ciencias políticas se sitúa no posto 201-300 (4-5 de España), igual que Física (chanzo 8-11 de España), Hostalaría e xestión do turismo (intervalo 16-20 de España) e Ciencias da Alimentación e Tecnoloxía (19-27). Séguenlles no intervalo 301-400, Ciencias ambientais e enxeñaría, así como Biotecnoloxía, as dúas no banzo 5-10 da clasificación española do ránking.
No intervalo 301-400 destacan Química (que acada o posto 11 na clasificación estatal), Ciencias agrícolas (11-19 da mesma escala) e Matemáticas (no banzo 12-15). No 401-500 o ránking salienta Ciencias biolóxicas (12-18 na contorna estatal), Educación (14-22) e Ecoloxía (19-24).
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.