Notas de prensa

A canción galega Ai-Lalelo clasifícase para a final da Eurovisión das cancións escritas por intelixencia artificial

Tras dúas semanas de deliberación, o xurado profesional do AI Song Contest, a Eurovisión das cancións escritas por intelixencia artificial, decidiu que a canción galega AI-LALELO competirá na final do concurso o próximo 6 de xullo en Bélxica. O tema impulsado por un equipo de Galicia competirá xunto a outras 14 cancións de países como Países Baixos, China, Tailandia, Reino Unido, Suecia, EEUU, Corea do Sul, Francia e Alemaña.

A axencia creativa compostelá CECUBO Group lidera esta iniciativa, co xornalista galaico-catalán Joel Cava á fronte.

A candidatura galega fora presentada o pasado 1 de xuño, ao igual que as máis de 100 propostas de todo o mundo, nunha semifinal interna. Tras esta primeira fase, o xurado de especialistas en intelixencia artificial, escolleu as 15 cancións que se enfrontarán na final do AI Song Contest. Os expertos emitiron un veredicto onde destacaron que as cancións finalistas “brillan pola súa diversidade xeográfica, cultural e algorítmica”.

A cidadanía xa pode votar

Dende o 16 de xuño e ata a gala final do vindeiro 6 de xullo en Liège (Bélxica), o público poderá votar de balde pola súa canción favorita a través da páxina oficial do festival. O gañador decidirase pola suma dos puntos do 50% do televoto e dun 50% do xurado.

O equipo, baixo o nome de PAMP! (Proxecto Ana María Prieto, en homenaxe á primeira programadora galega), está composto por un grupo multidisciplinar de seis artistas, enxeñeiros, investigadores e músicos galegos. O seu obxectivo é promover a lingua e cultura de Galicia no eido internacional a través das novas tecnoloxías.

"Chegar á final supón un éxito para toda Galicia xa que permite amosar a nosa cultura ao mundo e reivindicar o talento galego no eido da intelixencia artificial", celebra o equipo PAMP! quen pide á cidadanía que vote en masa pola canción, para que Galicia e España logren unha candidatura gañadora nesta particular edición de Eurovisión.

Nun proceso creativo de 4 meses, o equipo galego compuxo AI-LALELO a partir da intelixencia artificial aplicada á composición da letra, harmonías, instrumentos e videoclip da canción, cuxo éxito está avalado polas máis de 9.000 reproducións acumuladas nas distintas plataformas de streaming. A iniciativa supón un proxecto punteiro no uso da intelixencia artificial, posicionando o talento galego como referente neste eido. A axencia compostelá CECUBO Group, impulsora do proxecto, é punteira na aplicación de intelixencia artificial na comunicación.

No caso de que a candidatura gañe con AI-LALELO a terceira edición deste certame, sumaríase ao histórico de vencedoras dos anteriores anos xunto a Beautiful the World de Australia (2020) e Listen To Your Body Choir de Estados Unidos (2021).

Cecubo Group, 2022-06-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES