
Arredor de Ruth Mathilda Anderson. Kathleen March en conversa con Pilar GarcÃa Negro (en colaboración co Grupo ILLA). Mércores dÃa 8 de xuño ás 19:30 horas na Sala Cubo de NORMAL. Entre os anos 1924 e 1926 Ruth Matilda Anderson viaxa dúas veces por Galiza por encargo da Hispanic Society of America para realizar unha reportaxe fotográfica. Nestas viaxes tira case 8.000 fotografÃas, algunhas delas aÃnda inéditas. Mais Anderson foi tamén autora dun volume, Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña (1939), editado pola HSA, que achega novas perspectivas ao ollar de Ruth Matilda Anderson sobre Galiza. Kathleen March é profesora emérita da University of Maine, Premio da Cultura Galega de Proxección Exterior e unha destacada tradutora e estudosa da literatura galega contemporánea. Dentro dos seus numerosos traballos dedicou atención ás viaxeiras inglesas e norteamericanas por Galiza. Pilar GarcÃa Negro é profesora honoraria da UDC. Destacada rosalianista, prestou tamén atención á didáctica da lingua e da literatura galega, á conexión lingua-lexislación e á edición e recuperación dos clásicos contemporáneos da literatura galega. A profesora GarcÃa Negro mantén un constante activismo cultural e polÃtico e realiza numerosas colaboracións na prensa diaria.
Artes performativas:
“De cuerpos ausentes”, conferencia de Maite Garbayo Maeztu. Xoves 9 de xuño ás 19:30 horas na Sala Cubo de NORMAL. A conferencia de Maite Garbayo Maeztu deriva dun ensaio seu que reflexiona sobre algunhas das primeiras performances que se fixeron nos anos setenta no Estado Español e as ocupacións das rúas por parte do activismo feminista. Fronte ao ideal de presenza e transparencia de significados herdado da modernidade liberal, artistas como Dorothée Selz, Fina Miralles e Olga L. Pijoan puxeron en marcha veladuras, ocultacións e trocos que convidan a ir máis aló da visualidade. Maite Garbayo Maeztu (Pamplona, 1980) é profesora Serra-Húnter no departamento de Historia da Arte da Universidade de Barcelona e directora académica do Máster en Prácticas ArtÃsticas e Estudos Culturais: corpo, afectos territorio (UPNA, UPV e CACH). Doutora en Investigación e Creación en Arte pola Universidade do PaÃs Vasco e mestra en Historia da Arte pola Universidade Nacional Autónoma de México. Anteriormente ocupou unha praza de académica no Departamento de Arte da Universidade Iberoamericana (México), e foi investigadora posdoutoral no Instituto de Investigacións Estéticas da UNAM. En 2016 publicou o seu primeiro libro, Corpos que aparecen, performance e feminismos no tardofranquismo (Consonni, 2ª edición 2019). Ten publicado numerosos artigos e capÃtulos de libro, e comisariado diversas exposicións. As súas principais liñas de investigación son: a arte contemporánea e os feminismos en España e Latinoamérica e os estudos de performance.
“Leçons du vendredi”, performance de MarÃa Roja e Vanesa Varela. Venres 10 de xuño ás 19:30 horas na Sala Almacén de NORMAL.
Sinopse
Nalgunhas casas comezaron a verse actos de sabotaxe desorganizados. Inicialmente, tratábase dunha lixeira melancolÃa que remataba nunha pota de comida queimada ou nunha camisa mal pasada a ferro, aÃnda que ás veces, incomprensiblemente, toda a vaixela acababa destruÃda en anacos no chan.
Somatización é unha palabra que anula toda unha serie de saberes e aprendizaxes dos corpos. Establece, unha vez máis, a mente como un elemento autónomo que, en ocasións, produce alteracións fisiolóxicas ao exercer o seu poder sobre a carne. Sóese substituÃr “somatización” por “histeria”. Histeria, como materia que ofrece alivio ao sufrimento emocional, como ruptura do corpo individual cara a protesta colectiva, como engano ante a disciplina e o implacable poder psiquiátrico. Histeria, como xeito fÃsico de enfrontarse ao mundo, que se le nos corpos alleos e se escribe no propio, nunha solidariedade non verbal. HISTERIA! como berro inaugural das leccións dos venres.
Cabria para NORMAL, ata o 15 de xullo
A exposición “Cabria para Normal”, de Diego Vites e comisariada por Ãngel Calvo Ulloa é prorrogada e poderá ser visitada na Sala de Exposicións de NORMAL ata ao dÃa 15 de xullo.
Cabria para NORMAL é unha proposta para a cal, emulando as cabrias de MuxÃa, Diego Vites propón ocupar cunha grande estrutura de madeira a case totalidade do espazo expositivo de NORMAL, converténdoo nun lugar para a experimentación, nun proxecto que abordado desde diferentes disciplinas ten como obxectivo a análise e a observación das formas, dos materiais, dos movementos e dos usos que se dan nese proceso artesán para trasladalos ao eido da arte contemporánea. Cabria para NORMAL pénsase desde a fraxilidade do momento actual, un instante en que a etiqueta do popular toma direccións contraditorias, que desactivan para o pobo o valor da filiación cos seus sinais de identidade, desembocando nunha deriva folclorizante que promove a esaxeración dos rituais propios.
“Secando”, conferencia de Carlos Quintáns. Actividade paralela á exposición “Cabria para Normal”. Mércores 22 de xuño ás 19:30 horas na Sala Cubo de NORMAL.
O ciclo xa ofreceu xa en marzo e abril as actuacións de Andhrea & The Black Cats na Pecera de Vigo e na Pousada da Galiza Imaxinaria, de Sabela King & The Heartbreakers e The Lakazans en La Room, de Ferrol, e continuará mañá venres 22 de maio co concerto de Berlai na sala boirense. A programación seguirá o 30 de maio con Habelas Hainas, na sala Guión de Pontedeume; o 13 de xuño con Cachas & Cousins, no Club Clavicémbalo, de Lugo; o 1 de agosto con Habelas Hainas, na Arca da Noe, de Vilar de Santos; o 11 de setembro con Sacha na Horta, no Club Clavicémbalo; o 10 de outubro con Blues do PaÃs e O Sindicato da Verbena, na Arca da Noe; o 24 de outubro con The Lakazans e o 28 de novembro con Habelas Hainas, estas dúas últimas no Pub Gatos, de Melide.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, denunciou que o Goberno central está a comprometer a viabilidade das explotacións gandeiras coa súa postura sobre a protección do lobo. Durante unha visita que realizou en Vilalba a unha explotación gandeira en extensivo que sufriu varios ataques de lobo, a conselleira explicou que o sector gandeiro está a sufrir as consecuencias do empeño do Ministerio para a Transición Ecolóxica en que o estado de conservación desta especie sexa desfavorable.