
O proceso de selección atópase estruturado en dúas fases. Dunha banda, o sábado 4 de xuño, ás 10.00 horas, en cada nunha das cinco sedes de Estalmat-Galicia (IES Eduardo Blanco Amor en A Coruña, IES Eduardo Blanco Amor en Ourense, IES Castelao en Vigo, Facultade de Formación do Profesorado no Campus de Lugo e Facultade de Matemáticas da USC en Santiago de Compostela) desenvolverase unha proba de aptitude. Esta parte consistirá na resolución de varios problemas.
Ademais, unha vez corrixidas as probas, levarase a cabo unha entrevista individual cos nenos e nenas preseleccionadas na proba de aptitude, acompañados da súa nai, pai ou titores, que previamente serán avisados persoalmente. Está parte atópase encamiñada a avaliar o interese e o grao do compromiso co proxecto.
Programa de actividades
Os estudantes seleccionados comprométense a asistir ao longo dos cursos académicos 2022-23 e 2023-24, ás actividades formativas que se programen nas mañás dos sábados (normalmente, 20 sábados cada curso) e, con carácter voluntario, continuar no ano 2024-25 nas actividades de Estalmat-Pi ou 3º curso (ao redor de 15 sesións anuais). As actividades adoitan desenvolverse na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Historia
O proxecto Estalmat-Galicia iniciou a súa andadura no curso 2007-2008, integrado no proxecto Estalmat, iniciativa da Real Academia Española de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España. Conta co apoio da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, da Axencia Galega de Innovación, do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e da Facultade de Matemáticas da USC. Nas diferentes edicións, as Deputacións das catro provincias galegas apoiaron economicamente o programa.
O obxectivo de Estalmat-Galicia é detectar e prestar atención a nenas e nenos con talento matemático. Trátase de desenvolver aspectos que permitan axudar a pensar en matemáticas, resolver problemas e, en definitiva, pasalo ben coas matemáticas ao tempo que se detecta e canaliza o talento matemático para mellor proveito da sociedade, explica a decana da Facultade de Matemáticas e presidenta do Comité Organizador de Estalmat-Galicia, Elena Vázquez Cendón. O equipo académico está composto por máis de 60 docentes de ensino medio e das tres universidades galegas das áreas de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e, maioritariamente, Matemáticas.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.