
O bar Cañaveral da Porta do Sol de Vigo será o escenario de seis charlas, dous por dÃa, que abordarán cuestións relacionadas co corpo humano, a sociedade e o planeta Terra. As 20.00 é a hora de inicio das tres tardes dedicadas á divulgación cientÃfica, que mobilizarán a preto de 400 cientÃficos e cientÃficas en toda España, que se sitúa como primeiro paÃs do mundo con maior participación neste evento cientÃfico.
Microbiota, obesidade e océano antártico da man de investigadores da UVigo
A investigadora do Centro de Investigacións Biomédicas da UVigo (Cinbio) Nuria Estévez Gómez abrirá o luns 9 de maio ás 20.00 horas a primeira sesión do Pint of Science en Vigo co relatorio titulado Microbiota: algo máis que microorganismos, no que abordará o papel fundamental que a flora intestinal xoga na saúde e no dÃa a dÃa. Ãs 21.00 horas será a quenda para o catedrático de EndocrinoloxÃa da UVigo Federico Mallo Ferrer, que ofrecerá unha charla titulada Homo Obesus, na que abordará a progresiva ganancia de peso que sufre a humanidade.
O martes, dedicado a nosa sociedade, Belén Varela Romero, docente e investigadora da Universidade de A Coruña falará no seu relatorio A ciencia do bo traballo, de psicoloxÃa para gañar produtividade e saúde laboral. Pola súa banda, o catedrático de Xenética da Universidade de Santiago de Compostela Gonzalo Ãlvarez Jurado unirá historia e xenes na súa charla O feitizo xenético dos Austrias, na que analizará as consecuencias da elevada consanguinidade que tanto marcaron esta dinastÃa.
A derradeira sesión de Pint of Science estará protagonizada polo catedrático de EcoloxÃa e BioloxÃa da UVigo Jesús Souza Troncoso, que no seu relatorio Extra, extra, atopamos un molusco xigante na Antártida: diversidade bentónica nun mar xeado, achegará aos asistentes ao océano antártico para coñecer a súa diversidade e como se investiga nese lugar. O peche do festival correrá a cargo de Tito Peleteiro Alonso, cientÃfico do Instituto Español de OceanografÃa de Vigo, que analizará as diferenzas entre o peixe de crianza e o de extracción, nunha charla titulada Peixe de crianza? Si, grazas!
A entrada a todas as charlas do festival é libre e gratuÃta ata completar a capacidade do local.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.