
Bueno sinala ao escritor, filólogo e tradutor de textos medievais John Ronald Reuel (J.R.R.) Tolkien como unha das súas inquedanzas profesionais.
Adiado en abril do ano 2020 por mor da covid, o seminario finalmente puido celebrarse este mércores, permitindo ás persoas participantes achegarse ao autor de O Hobbit ou O Señor dos Aneis desde diversos puntos de vista, determinados pola especialización das e dos poñentes, investigadores nas súas primeiras etapas postdoutorais, como Adriana Taboada da UVigo, e outros procedentes do ámbito universitario internacional como Tom Birkett da Universidade de Cork (Irlanda) e Miguel A. Gomes da Universidade de Sunderland (Reino Unido), ou a tradutora de Tolkien ao húngaro Andrea Nagy. Non podemos entender a literatura fantástica ou todo o boom das novelas, videoxogos, películas de base neomedieval como Xogo de Tronos, por exemplo, sen os alicerces postos por Tolkien no xénero. A súa influencia é enorme, e no século XXI, debemos seguir afondando nel, considera Bueno, que en breve publicará un libro de investigación cunha editorial de Reino Unido sobre o autor nado Sudáfrica en 1892.
Modernista, posmodernista e referencia filolóxica
Ao seminario, que tamén se puido seguir a través do Campus Remoto da UVigo, ademais de persoas dedicadas ao estudo da literatura inglesa, tamén asistiu público interesado en xeral na obra de Tolkien. Insistindo na súa calidade como escritor, o docente e investigador e director do Servizo de Publicacións da UVigo, Jorge Luis Bueno, destaca que xa está fóra de toda dúbida que a súa escritura e obra se insire dentro do modernismo, nun xiro moi curioso: a súa temática miraba cara atrás, cara a Idade Media e o folcklore, máis na súa forma, o seu xeito de narrar, miraba cara adiante, sendo case posmodernista nalgúns momentos. Non hai escapismo nin literatura de baixa calidade, asegura. Á precisión da súa escritura, Bueno engade a súa brillantez como filólogo, ata o punto que aínda a día de hoxe, en libros e artigos académicos de 2022, as súas achegas das décadas de 1930 e 1940 do século pasado seguen a ser referencias fundamentais para os filólogos e filólogas.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.