
O foro, o único destas caracterÃsticas que na actualidade hai en Galicia, nace con vocación de permanencia.
Un dos obxectivos da Cátedra é facilitar o debate, a reflexión e a transferencia de coñecemento no ámbito da transición enerxética, polo que “este seminario deséñase coa idea de que sirva de ponte entre o mundo académico e o profesional para compartir experiencias e analizar os desafÃos da transición enerxética”, apuntan dende a organización do evento.
Programa
Para a súa primeira edición, a Cátedra de Transición Enerxética Genesal Energy quixo organizar un foro onde as mulleres STEM (acrónimo en inglés de ciencia, tecnoloxÃa, enxeñerÃa e matemáticas) con liderado e postos de responsabilidade fosen as verdadeiras protagonistas, “achegando un enfoque diferente nun sector no que o seu papel é cada vez máis importante, a pesar de que a presenza maioritaria segue sendo masculina, sobre todo nos postos directivos”, engaden.
AsÃ, no marco da Cátedra de Transición Enerxética, oito profesionais da industria, a universidade e a administración pública, todas con cargos de responsabilidade, compartirán as súas experiencias e disertarán sobre cuestións como o talento, o emprego ou os retos da transición enerxética. Andrea MÃguez da Rocha, da área de Desenvolvemento de Negocio de Reganosa; Beatriz Mato Otero, directora de Desenvolvemento Corporativo e Sustentabilidade de Greenalia; MarÃa Landeira Suárez, delegada en Galicia de Desenvolvemento Renovables de Naturgy; Natalia Barreiro Mata, directora da refinerÃa Repsol da Coruña; Ãngeles López Agüera, profesora universitaria coordinadora do Grupo de Investigación Aplicacións Enerxéticas Sostibles; Ãngeles Santos Casal, directora de Recursos Humanos de Genesal Energy; Rebeca Acebrón San Miguel, CEO de Acebrón Group; e Marta Gómez Palenque, directora de EconomÃa Circular do Goberno de Castela-A Mancha.
O I Seminario da Cátedra de Transición Enerxética Genesal Energy celebrarase o próximo 4 de maio, de 09.30 a 13.30 horas, no salón de actos da Escola Técnica Superior de EnxeñerÃa (ETSE) da USC e as inscricións pódense realizar a través deste formulario ata completar a capacidade do espazo.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.