Con esa idea, Cerecedo Bretal establece nesta mostra, que pode visitarse ata este sábado 30, un xogo de reciprocidades visuais entre imaxes presentadas, a colocación dunha serie de obxectos ao longo da galería, e as imaxes representadas nas doce pinturas e a peza en vídeo que poden contemplarse nesta exposición.
Resultado dun proceso que iniciou en 2017, a exposición transforma a galería nun chatroom, nunha sala de conversar, facendo do espazo unha especie de meta-habitación, que contén a súa vez outra serie de chatrooms representados a través da pintura e do vídeo, apunta. Nese senso, nove das doce pinturas de pequeno formato que se reúnen nesta mostra representan distintas estancias interiores, cuxos mobles e obxectos decorativos remiten tanto á cultura popular como ás obras doutros artistas". Á súa vez, no percorrido pola propia exposición o espectador pode atoparse fisicamente con varios dos obxectos reproducidos nos cadros, suscitando deste xeito a dúbida de se pertencen a vivendas reais ou só forman parte dunha montaxe. Ao mesmo tempo, as diferentes imaxes representadas nos cadros preséntanse enmarcadas nunha mesma interface gráfica de usuario, que sitúa a súa hipotética procedencia nun sitio web de contidos pornográficos, mentres que a peza en vídeo amosa unha imaxe capturada desde un punto fixo, na que pode observarse un habitáculo cuxa parede remite a unha das pinturas expostas, á vez que a varias obras de Andy Warhol, á vez que se escoitan uns ruídos "que semellan proceder dunha habitación próxima".
Preguntas sobre a nosa relación coas tecnoloxías
A miña obra caracterizase polo emprego dunha estética que remite e mestura o mundo das pantallas coa historia da arte, tanto clásica como contemporánea, explica Cerecedo, que a través da combinación de elementos que reúne nesta exposición busca suscitar no espectador unha reflexión en torno a esa dualidades entre o real e virtual, o auténtico e ficticio e o público e privado. Máis que respostas, co meu traballo pretendo formular preguntas, recoñece o artista e investigador, que reflexiona nesta mostra sobre a nosa relación coas novas tecnoloxías. Deste xeito, esta especie de meta-habitación busca estimular un diálogo coas obras e con nós mesmos, recoñece Cerecedo, que lembra que o Chatroom real, o propio espazo expositivo, fai posible un tipo de interacción diferente ao das contornas dixitais. De aí que se trate, engade, dun proxecto que ten bastante de situacionista e que penso que cobra máis senso tras o período pandémico, posto que, entre outras cousas reivindica o contacto directo, persoal e real.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.