Notas de prensa

O Festival Internacional de Cinema Play-Doc de Tui celebrará a sua XVIII edición do 4 ao 8 de maio

O Festival Internacional de Cinema de Tui Play-Doc anuncia o peche da súa convocatoria para a recepción das películas que formarán parte dos programas competitivos da súa próxima edición. As películas seleccionadas poderán optar aos tres premios que outorga o festival nas súas categorías de longametraxe, curtametraxe e premio Galicia. A súa programación completarase cun rico programa de actividades paralelas como concertos ou roteiros cinematográficas.

A 18 edición de Play-Doc, que se celebrará do 4 ao 8 de maio na localidade pontevedresa, acollerá primeiras retrospectivas españolas, europeas e internacionais, non só de cineastas de culto e verdadeiras lendas do cinema documental, senón que tamén contará con estreas destacadas do cinema contemporáneo actual e da produción galega máis recente.

A súa programación completarase cun rico programa de actividades paralelas como concertos ou roteiros cinematográficas polo centro histórico da cidade e unha serie de actividades de formación que inclúen seminarios, charlas, obradoiros e clases maxistrais.

I Seminario de crítica cinematográfica en formato podcast

Organizado en colaboración coa revista dixital, A Cuarta Parede, Play-Doc acollerá un seminario dirixido a todos aqueles que desexen aprender sobre crítica cinematográfica. Nesta ocasión, o curso pretende explorar un dos formatos de comunicación máis consumidos actualmente, o podcast, que nos últimos tempos experimentou un auxe sen precedentes.

A actividade, que contará cunha parte teórica e outra práctica, terá lugar o 7 e 8 de maio, dentro do marco do festival, e está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en aprender as nocións e ferramentas básicas para elaborar pezas sonoras de análises fílmico neste formato.

O seminario será impartido por Mariona Borrull, recoñecida crítica de cinema e televisión, e por Cibrán Tenreiro, profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación e membro do Grupo de Estudos Audiovisuais na Universidade de Santiago de Compostela.

A matrícula abrirase o vindeiro martes 5 de abril ata o 3 de maio. As persoas interesadas deberán escribir un correo a [email protected] co asunto “Seminario PlayDoc”. O prezo da matrícula é de 25 euros. Todos os rexistrados contarán cunha acreditación gratuíta para asistir a todas as proxeccións do festival.

O Imaxinario da Fronteira: Obradoiro de cinema comunitario

Play-Doc propón un obradoiro audiovisual para reflexionar sobre o concepto de fronteira e convida a veciños e veciñas da comarca para realizar pequenas películas nas que reflexionen sobre a súa propia relación e experiencias coa fronteira, ben sexa como espazo físico, emocional ou metafórico.

Este obradoiro será impartido por Eloy Domínguez Serén, recentemente premiado coa Biznaga de Prata á mellor curtametraxe na pasada edición do Festival de Cinema de Málaga polo seu primeiro proxecto de ficción Rompente. A carreira de Domínguez conta cunha notable traxectoria internacional, na que destacan títulos como Hamada ou No cow on the ice.

Ao longo do mes de abril os e as participantes realizarán pequenas películas de curta duración. Durante todo o proceso contarán co seguimento e o asesoramento do cineasta Eloy Domíniguez Serén e as pezas audiovisuais resultantes presentaranse dentro do marco da celebración de Play-Doc.
A inscrición é gratuíta e estará aberta ata o 14 de abril. Todos aqueles que desexen participar deben enviar un correo co asunto ‘Taller Play-Doc’ a [email protected].

Festival Internacional de Cinema Play-Doc, 2022-04-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES