Notas de prensa

Ponse en marcha Galaxy-Lab, o laboratorio avanzado de drons da Cidade das TIC

Galaxy-Lab, o laboratorio avanzado de Intelixencia Artificial aplicada a drons que o Instituto Tecnológico de Galicia desenvolve na Cidade das TIC permitirá situar a Galicia como referente europeo en probas con sistemas aéreos non tripulados. Dará servizo ás empresas que precisen testar os seus sistemas de mobilidade aérea urbana para mercancías ou persoas, tanto nas fases de I+D ou como paso previo á certificación e operación comercial.

A Cidade das TIC acolleu hoxe o acto fundacional do Galaxy-lab, o laboratorio de investigación con drons que promove o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) nunha das naves do complexo de Pedralonga cedida pola Universidade da Coruña e que conta co financiamento parcial da Xunta de Galicia.

O reitor da UDC, Julio Abalde, e o director de ITG, Carlos Calvo, recibiron esta mañá ao vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Facenda e Innovación, Francisco Conde, xunto co delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, o presidente do Clúster TIC de Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, e a vicerreitora de Infraestruturas e Sustentabilidade, Amparo Casares, no que foi o acto fundacional do Galaxy-Lab, o laboratorio de drons de ITG, o primeiro en poñerse en marcha na Cidade das TIC.

Galaxy-Lab, o laboratorio avanzado de Intelixencia Artificial aplicada a drons que o Instituto Tecnológico de Galicia desenvolve na Cidade das TIC permitirá situar a Galicia como referente europeo en probas con sistemas aéreos non tripulados. Una vez estea operativo, previsto para finais deste año, dará servizo ás empresas que precisen experimentar e testar os seus sistemas de mobilidade aérea urbana para mercancías ou persoas, tanto nas primeiras fases da súa I+D ou como paso previo á certificación e operación comercial dos seus produtos.

O vicepresidente Francisco Conde resaltou o significativo deste acto fundacional. “Desde a Xunta queremos poñer en valor o traballo que está a impulsar a Universidade da Coruña co desenvolvemento da Cidade das TIC para converterse nun ecosistema de innovación de Galicia”, declarou recoñecéndolle ao reitor “a visión de promover a Cidade das TIC como un elemento de colaboración entre o coñecemento e o tecido produtivo”. O conselleiro amosouse “convencido de que a Cidade das TIC vai ser un factor tractor para outras industrias”.

Julio Abalde, reitor da UDC, destacou que a posta en marcha do Galaxy-Lab supón o primeiro acto de posta en marcha real do proxecto de Cidade das TIC que definiu como “un polo de innovación tecnolóxica vinculado á Intelixencia Artificial e ao Big Data para establecer sinerxías entre o coñecemento que se produce na Universidade da Coruña e o sector empresarial”. “A Cidade das TIC vén potenciar e facer máis competitivo o sector de innovación das nosas empresas e o Galaxy-Lab é un magnífico exemplo disto”, concluíu.

Na súa intervención, Carlos Calvo, director Xeral de ITG, afirmou que “Galaxy-Lab será un centro de excelencia de primeiro nivel con tres grandes eixos: desenvolvemento de intelixencia para voos con drons, escenario de probas para empresas e investigación; será un dos campos de probas de drons máis completo en Europa, con características que o fan único”. Ademais, “polas súas características de nodo urbano de drons, esta infraestrutura complementa outras xa existentes en Galicia e permite dar unha resposta adecuada ás necesidades dos operadores internacionais de drons cos que ITG xa está traballando”.

Galaxy-Lab, centro de referencia internacional no ámbito da Intelixencia Artificial e as TIC orientadas ao desenvolvemento de Sistemas Aéreos No Tripulados

Esta infraestrutura tecnolóxica, froito da colaboración público-privada entre a Xunta de Galicia e ITG e grazas á cesión dos terreos na Cidade das TIC por parte da UDC, constará, por un lado, dun edificio de máis de 1.000 m2 dotado dun centro de control de voos; unha zona de voo indoor reconfigurable; un laboratorio electrónico; espazos para montaxe, test e verificación; taller de mecanizado; impresión 3D e soldadura SMD e zona de deseño e desenvolvemento con postos de traballo de oficina, salas de reunións e almacén. Ademais, no exterior crearase unha gran gaiola de 15m de altura e 225 m2 de superficie cunha rede de seguridade que permitirá realizar probas de voo exterior con maior axilidade e total seguridade. Xunto a ela habilitarase un vertiporto para o despeque e aterraxe vertical de drons.

Este equipamento de vangarda complementarase cun centro de operacións móbil nun vehículo adaptado que contará con sistemas de comunicacións, navegación, vixilancia e control, sistemas que permitan a operación remota de drons, unha estación de recarga de enerxía específica para drons, unha estación meteorolóxica de prestacións aeronáuticas e licencias de servizos U-Space.

Unha vez entre en funcionamento, Galaxy-Lab permitirá estender sistemas e servizos U-Space para probar en voo drons nun escenario urbano e suburbano realista, onde se poderán probar efectos como a perda de sinal GPS en espazos estreitos urbanos ou a perda de enlace de comunicacións; o axuste de sistemas de xeoposicionamento, navegación e comunicacións (con presenza de edificios e outros obstáculos urbanos); a coordinación co espazo aéreo controlado real; o axuste de sistemas de detección de drons; probas de servizos utilizando infraestrutura urbana real, tráfico real, simulado e unha combinación de ambos con escenarios U‐Space, transporte de persoas e mercadorías, tráfico denso e variado; simulacros e adestramentos nun contorno real; así como demostracións comerciais (lanzamentos de produtos e solucións, resultados de proxectos de I+D, etc.).

Deste modo, Galaxy-Lab resultará de especial interese para aqueles operadores (empresas, centros tecnolóxicos ou universidades) que precisen realizar ensaios cos seus produtos de I+D ou ben para casos de uso previo a ser certificados ou operados de forma comercial. En particular, este laboratorio avanzado de ITG permitirá facer ensaios temperás, ou nas primeiras fases de desenvolvemento dun produto de I+D, favorecendo o acurtamento dos tempos de desenvolvemento da I+D no ámbito dos UAVs.

Galicia, referente europeo en desenvolvemento de I+D para drons

Galaxy-Lab enmárcase no Programa de Infraestruturas da Estratexia Aeroespacial de Galicia 2021-2025 que contempla, entre outros aspectos, estender os equipamentos máis aló do CIAR de Rozas cara a outras localizacións de Galicia para consolidala como o lugar idóneo para realizar I+D con UAVs. Ademais, funcionará de forma coordinada con outras infraestruturas de referencia na comunidade, como é o caso do centro de probas especializado en UAVs lixeiro Ancora DroneTest Center, que ITG xestiona en Cervo (Lugo), e que dispón dunhas condicións inmellorables para realizar probas de integración e validación de operacións coordinadas terra-aire-mar, voos máis aló da liña de vista do piloto (BVLOS) ou nocturnos.

ITG, referente no desenvolvemento de solucións no ámbito da mobilidade aérea autónoma

O Instituto Tecnolóxico de Galicia é o centro tecnolóxico de referencia en I+D e innovación aplicada aos sistemas aéreos non tripulados. Especializado en automatización e robótica aérea, e no control de tráfico de drons, a súa capacidade e infraestruturas permítenlle liderar neste ano 2022 o maior demostrador de Mobilidade Aérea Urbana do sur de Europa, AMU-LED. Neste proxecto internacional participan 17 compañías e institucións de Europa, China e Estados Unidos e combinará exercicios con vehículos non tripulados, incluíndo a primeira demostración de taxi aéreo non tripulado en España, que ITG traerá a Santiago de Compostela en setembro deste ano.

Ademais, é membro de EUROCAE (European Organization for Civil Aviation Equipment); dispón dun laboratorio propio especializado en microelectrónica e sistemas embebidos; e xestiona a súa propia pista de voo especializada en operacións terra-aire-mar (ANCORA). O Instituto Tecnolóxico de Galicia é así mesmo o único centro tecnolóxico galego que dispón de Unidades Mixtas de Investigación en colaboración con empresas no ámbito UAV e U-space.

Sobre ITG

ITG é unha fundación privada sen ánimo de lucro recoñecida oficialmente como Centro Tecnolóxico Nacional e situada na cidade da Coruña desde o seu nacemento en 1991. Formamos parte do consello reitor da Federación Española de Centros Tecnolóxicos (FEDIT) e o seu director xeral asume desde 2015 a presidencia dos 32 centros tecnolóxicos asociados.

A súa misión é mellorar a capacidade competitiva das organizacións a través da investigación e prestación de servizos profesionais no ámbito da industria 4.0, sistemas aéreos non tripulados, enerxía, tecnoloxías da auga e medioambiente. Ofrece desenvolvemento profesional en equipos de traballo que participan en proxectos de vangarda aliñados cos valores que lles diferencian

Universidade da Coruña, 2022-03-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (cine.jpg) O festival Internacional Intersección da Coruña presentou hoxe a programación completa da súa oitava edición que se desenvolverá do 26 de setembro ao 4 de outubro para ofrecer máis de 100 de películas independentes de 17 países e situarse como punto de encontro do cinema contemporáneo. Na Sección Galicia competirán este ano 11 filmes que viaxan da memoria íntima á mitoloxía, u da exploración ecolóxica ás identidades disidentes. Destacan, neste sentido, as proxeccións de Deuses de pedra, de Iván Castiñeiras, Maldito Espírito, de Carlos Martínez-Peñalver e Alboroque, de Sabrina Fernández Casas.
Foto de la tercera plana (nenos-colexio.jpg) A Xunta de Galicia vén de lanzar o Protocolo de actuación contra a violencia na infancia e na adolescencia no ámbito educativo, que ten como principal obxectivo que os docentes dispoñan das ferramentas axeitadas, así como dunha folla de ruta clara para activar ante a sospeita de que algún estudante poida estar sufrindo unha situación de violencia de calquera tipo e en calquera contexto. O protocolo establece o procedemento a seguir cunha actuación coordinada do persoal educativo que asegure unha resposta rápida e eficaz e sempre orientada á protección do menor. Nel fai fincapé tanto na prevención como na detección e intervención ante casos de violencia que os estudantes poidan sufrir tanto no propio centro como no seu ámbito social e familiar.

Notas

Estes galardóns acadan este ano a súa novena edición, e fano con grandes cambios. Os Premios Youtubeiras+ abren a participación á creación de contidos en galego en calquera rede social e en todos os formatos. O concurso, que ata agora só permitía concorrer ás creacións en YouTube e TikTok, amplía o seu campo de acción e permite competir ás persoas que teñan canles autoproducidas nas redes.
Con preto de 500 inscritos e inscritas e coa mensaxe común que a educación ten o poder para transformar a sociedade, botaba a andar este mércores no campus de Pontevedra o I Congreso Internacional de Educación Transformadora: Ciencia, Comunicación e Sociedade. Combinado a asistencia presencial de preto dun cento de investigadores e investigadoras e o seguimento virtual de arredor de 400 inscritos e inscritas de doce países, trátase dun foro con cinco áreas temáticas, promovido pola Cátedra Unesco Educación Transformadora.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES