Notas de prensa

Nace VentilatioLab, unha spin-off da USC que optimiza a calidade do aire en espazos pechados para frear a COVID-19

A obtención dunha calidade do aire óptima en espazos pechados, minimizando o impacto da COVID-19 e outros virus, é o xermolo de VentilatioLab, a spin-off da USC que acaba de ver a luz e que reduce a capacidade de transmisión de patóxenos e contaminantes aéreos.

Esta nova empresa desenvolve unha tecnoloxía propia que, a través do cálculo de dinámica de fluídos, establece cal debe ser a localización e número dos ocupantes de cada espazo para mellorar a salubridade do aire.

“A chave é a identificación de dominios de fluxos de aire illados dentro do propio espazo, de forma que os aerosois (nanogotas) exhalados polos ocupantes nun dominio non alcancen a outros e, por tanto, non sexan inspirados polos demais ocupantes do espazo”, explican os promotores desta iniciativa.

VentilatioLab é froito do traballo dun equipo de investigadores da Facultade de Física da USC. Alberto Pérez Muñuzuri, Alberto Otero Cacho e Jorge Mira Pérez — ao que se unen o tamén físico Pablo Criado Boado e o economista Ramón Tubío Villanueva, como director— son os impulsores da iniciativa. O equipo investigador parte da súa experiencia en física de fluídos e o estudo do seu comportamento en gran diversidade de contextos —incluíndo meteoroloxía e oceanografía—, experiencia que xa foi aplicada con éxito ás novas necesidades de control de ventilación tras a crise da COVID-19.

Dende a fase de deseño arquitectónico

As predicións que elabora VentilatioLab poden ser explotadas dende a fase de deseño arquitectónico e enxeñería de ventilación, para así garantir que os espazos públicos de nova creación posúan uns fluxos de correntes óptimos dende o punto de vista da saúde. “VentilatioLab permite entender as necesidades de ventilación de cada local singularizado e achegar solucións sinxelas para mellorar a calidade do aire”, explican os responsables da empresa. “Optimizamos a ocupación e capacidade dun espazo, garantindo a calidade do aire e mantendo separadas as burbullas”, engaden.

No caso de ser necesario, esta spin-off da USC valora a necesidade de inclusión doutras entradas de aire forzadas que permitan a creación de compartimentos illados mediante correntes de aire que eviten o intercambio de nanogotas entre os diferentes grupos de ocupación. Como resultado, obtense unha optimización do espazo, da súa capacidade e da calidade do aire. Grazas aos servizos que presta a empresa, minimízase o impacto de virus como a gripe ou a COVID-19, e mellórase o confort dos seus ocupantes.

Experiencias previas

A tecnoloxía que desenvolve a nova spin-off da USC centrada na auditoría do aire en espazos pechados, xa foi validada con éxito en contornas de hostalería e educación. Así, a comezos de 2021, os investigadores da USC presentaban unha aplicación en liña dirixida a centros escolares de toda Galicia coa que optimizar o tempo de ventilación nas aulas en función das características propias dos centros.

Universidade de Santiago de Compostela, 2022-02-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES