
Coa proxección de Arica, un documental que afonda nas consecuencias que tivo un vertido ilegal de residuos tóxicos nunha localidade chilena, o ciclo abre o vindeiro luns, na sede a Vicerreitoría, o seu programa de proxeccións para este 2022, que continuará con outras cinco sesións máis ata o mes de xuño, todas elas con entrada libre ata completar aforo.
O ciclo permítenos achegarnos, a través do xénero documental, a cuestión problemáticas que moitas veces non teñen suficientes espazos públicos para ser abordadas e visibilizadas, salienta a directora da Área de Dinamización Cultural, Educativa e Integración do campus, Eulalia Agrelo. Con esa idea, a sede da Vicerreitoría acolle o vindeiro luns ás 20.00 horas a proxección de Arica, un documental no que Lard Edman e William Johansson fan balance de 15 anos de investigación sobre o vertido ilegal de residuos tóxicos realizado por unha multinacional norueguesa na cidade chilena de Arica e os efectos que tivo nas vidas da súa poboación.
O retrato autobiográfico dun proceso de transición de xénero
Tamén ás 20.00 horas, a Vicerreitoría acollerá o 21 de febreiro a proxección do filme brasileiro En el umbral, no que a directora Coraci Ruiz aborda desde un punto de vista autobiográfico a transición de xénero do seu fillo adolescente Noah, a través das entrevistas que lle realizou ao longo de tres anos. Xa en marzo, o luns 21 poderá verse Curvy Crew, un filme da cineasta e videoartista Ida Joglar, que a produtora responsable deste ciclo presenta como un documental que rompe cos estereotipos e pon ante o espello a presión social e o reto da autoaceptación que sofren as persoas cun corpo non normativo, neste caso a través das entrevistas a un grupo de mulleres con sobrepeso que se enfrontaron ao reto de subir o Kilimanjaro.
Coas súas sesións previstas para os terceiros luns de cada mes, a programación de Docs del Mes continuará o 18 de abril, o 23 de maio e o 20 de xuño, con tres novas proxeccións aínda por concretar.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Goberno autonómico prevé publicar antes de que remate o ano a nova normativa de desenvolvemento do decreto de FP, aprobado este ano, para actualizar os currículos destas ensinanzas e incorporar tres novas figuras docentes. Así se recolle nos informes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP , que abordan tanto esta nova regulación como o lanzamento da primeira convocatoria do selo Empresa comprometida coa FP dual, un distintivo para recoñecer ás empresas máis implicadas con estas ensinanzas, que acreditará o seu traballo e que implicará beneficios.
Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).