
A mostra explora diferentes miradas da mente destes artistas, salienta Casas, que pon de relevo con esta mostra como a obra artística amosa modos de ver, resultados dun proceso interior de interpretación da realidade, xa que, engade, vemos co cerebro, non cos ollos.
Así, nesta exposición preséntase pezas como Palimpsesto, do estudante de doutoramento Pepe Eiras, na que a palabra memoria preséntase impresa sobre a verba recordo, nunha reflexión sobre como estes percíbense distorsionados na nosa memoria, como sinala Casas. A alteración da conciencia constitúe, por outra banda, o punto de partida da videoinstalación en tres canais simultáneos Non dorme ninguén polo mundo, de Lara e Noa Castro. Así memsmo, o estudante do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda Mateo Barcia sumou a esta exposición unha peza que a súa comisaria define como unha metáfora sobre a obra artística, que conduce a unha mirada cara o interior; mentres que a tamén estudante deste mestrado Ruth Vidal propón unha reflexión sobre esa conversa continua que temos con nós mesmos nunha peza que reflicte un chat no que as mensaxes enviadas borráronse definitivamente. Por último, Sergio Vidal sumou a esta exposición a súa serie Derivas, na que as ideas de segredo e fraxilidade asócianse a cuestións de xénero.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.