Notas de prensa

Persoas senlleiras da arte, da cultura e do xornalismo lembrarán o escultor Peinó nun emotivo acto

O próximo mércores 1 de decembro terá lugar no auditorio do Vello Cárcere de Lugo un grande acto de lembranza a Luis Ferreiro Peinó, escultor lugués que este 2021 faría 100 anos. Este acto transcorre en paralelo á exposición «Peinó 100», que acolle precisamente O Vello Cárcere dende o pasado 3 de novembro e até o vindeiro 7 de xaneiro. Tamén está enmarcado dentro das iniciativas de lembranza do artista polo seu centenario.

As persoas que intervirán son, por orde alfabética: Carmen Blanco, escritora e profesora da USC; Antón Grande, xornalista e escritor; Xulio López Valcárcel, escritor e procurador dos tribunais; Elba Rey, presidenta da Fundación Novoneyra; Claudio Rodríguez Fer, escritor e profesor da USC; Xulio Xiz, xornalista, editor e produtor; e finalmente, como representante da familia, Xoán Luis Ferreiro, fillo do escultor.

Todas elas coñeceron dalgún ou outro xeito a Luis Ferreiro Peinó, motivo polo cal aproveitarán a ocasión para rememorar as súas vivencias e anécdotas co artista, así como para lembrar colectivamente o Lugo daqueles anos.
Ao remate das intervencións abrirase un coloquio para que as persoas asistentes poidan participar se o desexan.

Este acto transcorre en paralelo á exposición «Peinó 100», que acolle precisamente O Vello Cárcere dende o pasado 3 de novembro e até o vindeiro 7 de xaneiro. Tamén está enmarcado dentro das iniciativas de lembranza do artista polo seu centenario, que comezaron en maio coa estrea da páxina web luisferreiropeino.gal e continuaron en outubro coa publicación dun artigo na revista Mazarelos.

Lugo, 2021-12-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES