
O ex reitor foi homenaxeado no marco do IX Simposio da Asociación Española de Teoría de la Literatura (ASETEL) que botou a andar este xoves na Facultade de Filoloxía e que tamén se estenderá ao longo do venres 8.
Hai unha palabra que mor moito que se use non se estraga e esa palabra é gracias, afirmou emocionado o profesor Villanueva logo de escoitar as louvanzas dos seus compañeiros. Débolle moito á USC, engadiu para despois facer un repaso por algúns dos episodios vividos nos seus case cincuenta anos de servizo á institución. O ex reitor Villanueva foi o encargado ademais de pronunciar o relatorio inaugural do simposio baixo o título A verdade das distopías.
Tamén tomaron parte nesta sesión inaugural o decano da Facultade, Elias J. Feijó Torres; Santiago Fernández Mosquera, director do Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da USC; e Domingo Sánchez-Mesa, presidente de ASETEL. O decano quixo subliñar que como estudante que fun desta Facultade quero unirme a este recoñecemento xa que o profesor Villanueva é desas poucas persoas que paga a pena oír sempre. Pola súa parte, o profesor Fernández Mosquera destacou que para moitos de nós Darío marcou a nosa traxectoria académica e universitaria. Xa dende ese momento como alumnos, sentímolo como un referente. Aprendemos del un xeito de ser e actuar. Foi para nós un modelo de comportamento. Ademais de catedrático, reitor da USC entre 1994 e 2002 e director da RAE, o profesor Villanueva (Vilalba, 1950), tal e como se evidenciou no acto deste xoves, constitúe unha figura de referencia no eido da Teoría da Literatura e da Literatura Comparada a nivel internacional, alén de ser doutor honoris causa por diversas universidades europeas e americanas.
Programa
As conferencias, relatorios e debates do IX Simposio de ASETEL abordarán ao longo destas dúas xornadas o contaxio teórico-práctico entre a literatura e outros medios de comunicación. Así, este foro ofrécese como espazo de reflexión sobre a actualidade e visibilidade da propia disciplina na sociedade dos medios; as relacións intermediais e transxenéricas en contornas e formatos que obrigan a cuestionar determinadas concepcións institucionais da literatura; o debate terminolóxico e clasificatorio das formas breves contemporáneas, as súas coordenadas transxenéricas, así como o seu carácter híbrido e a súa apertura a fenómenos tecnomediáticos; e os aspectos socioeconómicos e culturais que condicionan os estudos literarios dende distintas perspectivas. O simposio está coordinado polos profesores Anxo Abuín González, Paulo Antonio Gatica Cote e María do Cebreiro Rábade Villar.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.