Notas de prensa

Conxeladas un ano máis as matrículas universitarias en Galicia

O presidente da Xunta, na rolda de prensa posterior ao Consello, avanzou a aprobación do decreto polo que se fixan os prezos públicos dos servizos académicos e administrativos no Sistema Universitario de Galicia para o curso 21/22, de xeito que os estudantes seguirán pagando pola súa matricula o mesmo que hai 11 anos. Indicou que suporá un aforro de preto de 19 millóns de euros para as familias, precisando que Galicia volve situarse entre as comunidades máis baratas do Estado para cursar un grao ou máster universitario.

Así, as taxas universitarias mantéñense invariables con respecto ao presente curso, cun prezo medio de 11,89 €/crédito para todas as primeiras matrículas de grao e de máster non habilitantes e habilitantes, de xeito que: un estudante de grao aforrará 266,40 euros por curso; un alumno de máster habilitante, 618,6 €/curso; e un estudante do resto de másters universitarios, 1.094,40 euros.

En termos comparativos, estes 11,89 euros de media por crédito son: 4,4 euros menos respecto ao prezo medio dun grao en España (16,33); 10,31 euros menos respecto ao prezo medio dun máster habilitante en España (22,20); e 18,24 euros menos respecto ao prezo medio dun máster non habilitante no conxunto do país (30,13).

Diante destas cifras, Feijóo aseverou que Galicia é a segunda comunidade de España onde é máis barato estudar un grao, tendo en conta que o 89% das matrículas corresponden a estas titulacións; "e somos a comunidade máis barata para estudar un máster non habilitante", precisou.

Xunta de Galicia, 2021-07-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES