Fabiola GarcÃa animou aos participantes a vivir experiencias, pasalo ben e a coñecer novas amizades, e aproveitou a ocasión para apelar ao sentidiño e á responsabilidade demostrada pola xuventude galega nos momentos máis duros da pandemia.
A Illa de Ons acollerá un dos 35 campamentos que ata o mes de setembro formarán parte da Campaña de Verán deseñada polo Goberno galego. Esta será a primeira das seis quendas que permitirá aos rapaces gozar desta parte do Parque Nacional Illas Atlánticas. As mozas e mozos que acudan a este campamento poderán desfrutar de diferentes actividades relacionadas co mar e coa natureza tales como o pádel surf, o tiro con arco, kaiak ou xincanas, entre outras.
Baixo o lema "O verán que mereces", a programación estival deseñada pola Administración autonómica ofrecerá desde xullo e ata setembro unha completa oferta de ocio seguro, na que se manterán as medidas de protección aplicadas durante a pasada edición, como a redución do aforo, o incremento do número de monitores, o reforzo das medidas de desinfección e limpeza ou a adaptación das actividades ás normas hixiénico-sanitarias.
Probas de antÃxenos
Ademais, a Xunta de Galicia reforzará o protocolo aplicado o ano pasado coa realización dunha proba de antÃxenos completamente gratuÃta para todos os participantes e monitores antes do inicio dos campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado que conforman a Campaña de Verán.
O ano pasado Galicia foi das poucas Comunidades que mantivo a campaña de verán e logrou que se desenvolvera sen incidentes xa que non se rexistrou ningún caso positivo. As familias galegas volveron confiar este ano na campaña de verán da xunta de Galicia, xa que o 98% das prazas ofertadas nos campamentos xa foron adxudicadas.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.