
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acudiu esta maña a doar sangue ata a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que visitou esta mañá o edificio administrativo da Consellería de Sanidade en San Lázaro, e que supón unha das primeiras visitas que forman parte da campaña de doazón Verán 2021, que se prolongará ata o vindeiro mes de setembro baixo o lema Súmate ao noso equipo.
A Consellería de Sanidade salienta a importancia de doar sangue nos meses de verán, xa que é un período do ano de case catro meses no que non diminúe a necesidade de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos, e continúa sendo preciso obter unha cifra de entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias para posibilitar, deste xeito, o axeitado desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros hospitalarios galegos.
ADOS estima que, entre os meses de xuño a setembro, serán precisas ao redor de 40.000 doazóns de sangue para garantir o abastecemento de compoñentes sanguíneos aos hospitais galegos.
Súmate ao noso equipo
Para posibilitar a consecución deste obxectivo, o departamento sanitario galego salienta que a campaña Súmate ao noso equipo de ADOS achegará o solidario xesto da doazón de sangue ata a meirande parte dos concellos galegos durante o período estival, e convida a toda a cidadanía a doar sangue e colaborar activamente.
Sanidade remarca o carácter solidario dos galegos e galegas que, mesmo no pasado ano que estivo marcado pola pandemia sanitaria da covid, non freou a xenerosidade e compromiso dos cidadáns, xa que Galicia consolidouse como a terceira Comunidade Autónoma en taxa de doazón de sangue.
Por último, Sanidade agradece a todas e todos os doantes de sangue a súa inestimable colaboración e compromiso co solidario xesto da doazón, e lembra que se trata dun chamamento xeralizado a todos os doantes de sangue pero especialmente, nestas se-manas, aos grupos sanguíneos A Positivo e A Negativo.
Así mesmo, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue lembra que pon a disposición de toda a cidadanía a súa web http://ados.sergas.gal; o enderezo de correo electrónico, [email protected]; o teléfono de información gratuíto 900 100 828; e as súas páxinas en redes sociais como xeito de comunicarse con ADOS ou resolver calquera dúbida relacionada coa doazón.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.