
Na 38 Mostra haberá 4 estreas absolutas, tres delas coproducidas pola MITCFC (Isolada, Abradacaver e Cantingjo), unha estrea en España (Espécies Lázaro) e 9 estreas en Galicia (La Xirgu, Secretos de alcoba, La señorita doña Margarita, El viento es salvaje, Al otro lado, Comando señoras, Ritos de amor y guerra, Water falls e 'A Contenda do Río Miño'). Entre os espectáculos que se poderán ver en Cangas atópanse dous que recibiron en 2020 Premios Max: El viento salvaje, Mellor Espectáculo Revelación, e Al otro lado, Mellor Espectáculo de Rúa.
38 Mostra haberá 4 estreas absolutas, tres delas coproducidas pola MITCFC (Isolada, Abradacaver e Cantingjo), unha estrea en España (Espécies Lázaro) e 8 estreas en Galicia (La Xirgu, Secretos de alcoba, La señorita doña Margarita, El viento es salvaje, Al otro lado, Comando señoras, Ritos de amor y guerra e Water falls). Entre os espectáculos que se poderán ver en Cangas atópanse dous que recibiron en 2020 Premios Max. El viento salvaje foi recoñecido como Mellor Espectáculo Revelación. Al otro lado, a Mellor Espectáculo de Rúa.
Esta edición da MITCFC, cuxo cartel é obra do pintor, ilustrador, actor e director teatral Leandro Lamas, comezará o día 1 de xullo coa inauguración dunha exposición documental e unha homenaxe a Xosé Manuel Pazos Varela, alcalde de Cangas finado en xaneiro deste ano. Trinta e oito anos despois de que Pazos, xunto a un pequeno grupo de persoas con xiria, idease e crease esta Mostra, queremos facer un recoñecemento á súa persoa e ao seu labor, a través dunha sinxela homenaxe composta por unha exposición documental e un acto lúdico no que estarán presentes as artes que tanto amou, teatro, danza, poesía, música... e a súa xente, explica a organización.
O pregón, que se celebrará o venres 2 de xullo, correrá a cargo do actor Fran Paredes. Nado en Moaña aínda que veciño de Cangas desde hai anos, Paredes traballou en numerosas obras de teatro, así como en cine e televisión, con intervencións nas serie O Faro, Fariña, El desorden que dejas ou O sabor das margaridas.
A organización da XXXVIII MITCFC concede o Premo Xiria ao Labor Teatral ao narrador, xornalista e crítico teatral Camilo Franco, en recoñecemento ao seu importante labor como xornalista cultural e, particularmente, polo exercido como crítico teatral en xornais e medios de comunicación de Galicia e co que demostrou, ao longo de tantos anos, un empeño extraordinario por dignificar o teatro galego.
MULLERES EN ACCIÓN
As Xornadas Mulleres en Acción chegan este ano á súa 21 edición cunha programación que tratará, un ano máis, de potenciar e dar visibilidade ao traballo das mulleres dentro da cultura e, en concreto, das artes escénicos. Os actos inclúen exposicións, obradoiros e charlas-coloquios. Este ano, a organización decidiu outorgarlle o Premio Mulleres en Acción a Margarita Ledo Andión, en recoñecemento ao seu labor como escritora, cineasta, investigadora e docente. A organización da Mostra concédelle esta galardón por apostar, no ámbito académico, por una educación en comunicación audiovisual con perspectiva de xénero. E, como cineasta, por utilizar o ollo da cámara ao servizo do corpo e da realidade das mulleres.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.