
Xa na vindeira fin de semana, a Alameda da Estrada e o Teatro Principal serán os escenarios da representación de seis pezas, así como dos coloquios que se abrirán co público, co obxectivo de visibilizar o traballo das creadoras neste ámbito artístico. O venres 23 exhibirase Miñaxoia, de Clara Ferrao, e Bailar agora, de Marta Alonso Tejada en coprodución co Centro Coreográfico Galego; o sábado 24 será a quenda de Begoña Cuquejo con Castr@ e de Paula Quintas con Plastic, e o domingo 25 pecharase o encontro coas pezas Vertebrata, de Alejandra Balboa, e O raro é que bailar sexa raro, de Andrea Quintana (Colectivo Vacaburra).
Con este programa, Paula Quintas completa o proxecto de reactivación co que se presentou á convocatoria para o impulso do sector escénico, dentro do que o ano pasado desenvolveu no Teatro Principal cadansúa residencia artística dos espectáculos SET e Plastic co fin de retomar a súa xira dentro e fóra de Galicia tras o adiamento por mor da pandemia.
Reforzo da danza
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, situou a danza entre as prioridades do seu departamento con iniciativas como a especial protección desta disciplina no deseño das axudas dirixidas ao conxunto do sector escénico. Foi o caso da devandita convocatoria de impulso, que reservou especificamente 100.000 euros para as propostas coreográficas e que foron distribuídos entre 12 compañías.
Referiuse tamén a iniciativas como o Plan Integral para a Danza de Galicia, en proceso de elaboración, e as coproducións e programas formativos do Centro Coreográfico Galego, así como aos proxectos que xa están a tomar forma no marco do Xacobeo 2021.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.